As empresas necesitades solucións flexibles, personalizables e á vosa medida, que poidades contratar e configurar segundo necesitedes. En R dispoñemos da Solución Empresa, que inclúe internet, wifi, liñas de voz, terminais IP, fax, chamadas a fixos e móbiles, funcionalidades avanzadas de centraliña integradas coas liñas móbiles, seguridade e mantemento preferente para empresas… e que continuamente estamos a revisar e actualizando para responder con maior eficacia ás vosas demandas e ás dun mercado en continua transformación. Precisamente vimos de incorporar varias melloras que vos resultarán especialmente interesantes tanto aos/ás que xa desfrutades da nosa Solución Empresa como a quen ides ver nelas solucións adecuadas para lles dar resposta ás vosas necesidades.
Estreamos dúas novas funcionalidades:
Grupos de Presenza, que permite establecer subgrupos de control de presenza dentro dunha mesma centraliña, e cola de chamadas, dispoñible para as solucións de Empresa que teñan contratado o paquete ‘centralita avanzada’.
As colas funcionan da seguinte forma: cando unha destas liñas recibe unha chamada, a persoa que chama oirá unha locución de benvida e posteriormente música en espera ata que a chamada poida ser atendida por un axente. Periodicamente oirá unha locución recordatorio e, en caso de esgotar o tempo máximo de permanencia en cola, unha locución de despedida. A terminación dunha chamada entrante nunha cola de chamadas pode configurarse segundo o teu horario permitindo excepcións en festivos, períodos vacacionais, etc.
As locucións son personalizables polo cliente. O administrador pode asociar os axentes que desexe a unha ou varias colas e, aínda que o número máximo de axentes permitidos é 10, a nosa recomendación, por razóns de usabilidade, é de 4 axentes, que ademais poderán poñerse en modo 'non molestar' dende a propia web de ONE, a ferramenta de xestión de Solución Empresa, se non queren recibir chamadas dunha determinada cola.
Tamén é posible a carga de locucións necesarias para os servizos de IVR e cola de chamadas subindo o ficheiro de audio directamente a través de ONE, o cal mellora a calidade do audio obtido.
A respecto dos terminais, incorporamos o novo Cocomm DT200 para os postos fixos 3G e o Mitel TA_7102 para escenarios nos que os clientes necesitedes conectar un equipo analóxico. Este último equipo dispón de dous portos analóxicos pero actualmente só se provisiona 1 liña que queda dispoñible nos 2 portos, facilitando a instalación dun terminal máis un timbre sinalizador, sen custo adicional ao do posto IP sobre o que se contrata.
E ademais:
- Incremento no número de destinos do ‘grupo de salto’, para que poidas distribuír as chamadas simultáneas entre un maior número de axentes, xa que se amplía de 5 a 10. Permíteche dirixir as chamadas entrantes de maneira que vaian saltando dun grupo de liñas a outro combinando distintas políticas de salto: secuencial, aleatorio ou simultáneo. Podes personalizalo e adaptalo ao teu horario incluso configurando o teu propio calendario de festivos.
- Mellora do calendario de festivos: agora tes unha maior capacidade de personalización e podes definir rangos de datas para facilitar a definición de períodos vacacionais.
Doutra banda, xa temos dispoñibles as nosas novas tarifas ilimitadas voz e datos de Empresa, que veñen completar a oferta actual da tarifa móbil de Empresa e que ofrecen unha opción perfecta para a converxencia fixo-móbil.
En resumo, a oferta R Empresa é perfecta para resolver todas as túas necesidades de comunicación, á túa medida e sen investimentos en equipos. Porque a nosa prioridade é axudarvos a conseguir a maior eficiencia na vosa organización mediante solucións flexibles e actualizadas que non descoidan a seguridade en ningún caso, poñendo tamén á vosa disposición un soporte tecnolóxico integral que protexa a información e os dispositivos da vosa empresa con NoBA Empresa. A día de hoxe, a ciberserguridade converteuse en prioritaria para as empresas e faise máis necesario que nunca dispoñer de solucións avanzadas de seguridade capaces de protexer adecuadamente fronte a ameazas que cada día se reinventan e actualizan.
Queres saber máis? Subscríbete ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área comercial Empresas.