Coñecemento e experiencia unidos para converter a Galicia enreferente no campo da Ciberseguridade. Ese é o obxectivo primeiro doevento CyberSec@GAL,que comeza a súa andaina nuns días, impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade e as Universidades da Coruña e Vigo, e coa colaboración da AMTEGA, Gradiant, Emetel, Hijos de Rivera e Abanca.

Serán 4 xornadas de obradoiros, ciber-retos e relatorios, nas que sefalará de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade nacontorna dixital.

Programa

As tres primeiras xornadas, do 14 ao 16 de outubro, dirixiranse a estudantes e novos licenciadosque van participar en obradoiros sobre introdución á auditoría dosdispositivos IoT/IIoT mediante Shodan e a analizar vulnerabilidades encontornas Windows e Linux. Haberá, ademais, un relatorio e exporase oreto de Ciberseguridade de Gradiant e Hijos de Rivera.

A xornada final, o 17 de outubro, orientada ao ecosistema empresarial,desenvolverase da man de expertos nacionais e internacionais queexpoñerán, dende perspectivas diversas, aspectos tamén diferentes eactuais no terreo da Ciberseguridadr. Así, por exemplo, a intervencióndo director do Departamento Nacional de Seguridade, o xeneral M. ÁngelBallesteros, sobre Estratexia Nacional de Seguridade; acerca deCiberseguridade na transformación dixital versarán os relatorios devoceiros de empresas e entidades como Balidea, Gradiant, Inditex ouGrupo Euskaltel. Tamén se falará sobre a visión actual do mercado ante otema da seguridade na empresa e de oportunidades de investimento enCiberseguridade da Unión Europea.

Durante a xornada de peche entregaranse, así mesmo, os Premios ao Reto, Traballo Fin de Grao, Traballo Fin de Máster e Doutoramento.

Podes consultar aquí o programa completo e seguir este evento #CyberSecGal2019.

Como asistir

Para os obradoiros, relatorios e reto na web podes inscribirte en CyberSec@GAL. Para a xornada de peche cómpre que o fagas mandando un correo electrónico a [email protected], co teu nome, apelidos e empresa á que pertences.

Sobre a cátedra R en Ciberseguridade

A cátedra R en Ciberseguridade,desenvolvida en colaboración coas universidades de Vigo (UVIGO) e daCoruña (UDC) e financiada pola Fundación Euskaltel Konekta, é a primeiracátedra interuniversitaria en Galicia. Persegue basicamente promover odesenvolvemento de competencias profesionais do alumnado universitario emellorar a capacitación dos membros da comunidade universitaria. A ideaé adaptar todo ese potencial de coñecemento e preparación ásnecesidades da empresa fomentando, en paralelo, a formación continua, ainnovación e a investigación na área da Ciberseguridade.