A administración local atópase inmersa nun proceso de transformación dixital dirixido a incrementar a eficiencia e a obter un maior impacto positivo na vida dos cidadáns. Neste contexto de cambio, o sector público enfróntase a situacións moi distintas das habituais nas organizacións privadas e no que a aplicación da Intelixencia Artificial pode mellorar aspectos tan relevantes como a seguridade, o impacto social e a transparencia.
Cales son as áreas de aplicación da Intelixencia Artificial no sector público?
- Xestión dos servizos públicos, como auga ou residuos: axudando a planificar as tarefas de mantemento preditivo, evitando sobrecustos por reparacións de urxencia ou paradas de servizo inesperadas.
- Vías públicas: grazas ao modelo preditivo que se pode usar para o mantemento, a sinalización e o servizo de estradas.
- Atención telefónica a cidadáns: reducindo tempos de espera ao programar un recoñecemento de voz en tempo real, ademais de axustar os custos asociados.
- Axilizando os trámites burocráticos entre diferentes administracións coa automatización de tarefas grazas ao recoñecemento intelixente de facturas, impresos e todo tipo de documentos.
Ademais, a IA pode identificar situacións de risco cidadán mediante a análise de cámaras de seguridade en diferentes espazos ou analizando e identificando mercadorías e contedores importados nos portos; axuda no control do risco e a prevención de inundacións e incendios, a erosión das costas e na identificación de usos non autorizados de terreos protexidos para o cultivo ou outros fins; no ámbito estudantil a IA identifica e analiza as accións para reducir a taxa de abandono escolar; en colectivos vulnerables permite identificar posibles casos de abusos domésticos, explotación sexual ou de menores; e no sector sanitario predicir a necesidade de persoal ou o tempo requirido de hospitalización para cada paciente.
Unha aplicación especialmente interesante da IA no sector público é a relacionada coa eficiencia orzamentaria. Na actualidade xa hai administracións utilizando técnicas de IA para a identificación de fraudes e anomalías no pagamento dos impostos e previndo actos de insolvencia, pero tamén permite identificar zonas clave para o desenvolvemento económico e as estratexias que máis poden impactar na revitalización dunha rexión específica, creando emprego e crecemento de maneira particular para esa rexión.
En R somos coñecedores das moitas vantaxes que lle pode achegar a Intelixencia Artificial aplicada á Administración Pública. O noso equipo especializado en Intelixencia Artificial, BAI Analytics, pode axudarvos a implantar con éxito servizos de IA de tal xeito que poidades aproveitar os vosos datos e vantaxes competitivas para aumentar a eficiencia operativa e dar un mellor servizo.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial empresas.