A axuda dun influencer á miña marca é grazas á súa experiencia nun determinado tema ou sector e ao potencial da súa comunidade de seguidores. Hoxe en día se queres chegar lonxe coa túa estratexia en socialmedia non debes esquecer esta figura que pode ser un novo prescriptor da túa marca.
Un bo influencer debe ser capaz de xerar opinións positivas noutros usuarios cando fala da túa marca. Ademais os seus seguidores ou fans deben ser reais (non vale de nada que teña millóns de usuarios que o seguen cando máis da metade son perfiles pantasma) e debe conseguir unha acción positiva na túa marca por parte deles.
Onde están os teus influencers?
Onde menos cho esperas . Poida que haxa prescriptores da túa marca nas túas redes sociais e que teñan unha enorme comunidade de seguidores e ti aínda non o saibas.
Existen diferentes ferramentas gratuítas na internet que che axudan a localizar a influencers por temas e por cidades, destacan Klout ou Socialbro, pero hai moitas máis. Con estas ferramentas poderás facer unha análise detallada dos influencers da túa contorna e do ámbito da túa marca e seleccionar segundo os teus obxectivos e as súas características.
Os bloggers, youtubers e gamers son os fenómenos da internet que máis están de moda nos últimos anos e teñen un papel moi destacado como influencers, pero tamén un caché moi elevado. Non fai falla que te poñas en contacto co Rubius ou Paula Echevarría, seguramente na túa cidade hai xente que despunta nas redes sociais e conta con moitos seguidores e influencia.
Pero antes de escoller aos teus influencers define a túa estratexia e os teus obxectivos, porque a túa marca non vai encaixar con calquera tipo nin coa súa audiencia.
E agora que?
Unha vez teñas definido o influencer ou influencers que che interesan debes contactar con eles, presentarte e presentarlles o teu produto ou servizo e celebrar algún evento privado ao que os convides para que sentan valorados pola túa marca. Posteriormente podes ofrecerlles colaborar contigo para axudarche a promover a túa marca, ofrecer unha visión positiva dos teus produtos e servizos e promocionar o seu uso. Está claro que da noite para o día non vas ver resultados pero a medio-longo prazo poderás comprobar se a túa comunidade online e offline ampliouse e é máis receptiva cara á túa marca.
E ti xa localizaches aos teus influencers?
Ata a próxima!
Imaxe de Alexis Brown
Gif de favim.com