A intelixencia artificial está na fala da xente, pero moitas empresas comparten a mesma dúbida: por onde empezar e que ten realmente sentido aplicar hoxe.

No encontro de Nordés Club Empresarial, daremos resposta a estas preguntas, aclararemos dúbidas e explicaremos de xeito práctico como aplicar a IA na empresa de forma útil e realista.

Analizaremos como a IA xa pode incorporarse á operativa diaria das empresas para mellorar a produtividade, automatizar procesos e apoiar a toma de decisións:

  • IA para produtividade interna: exemplos sinxelos de como apoiar o traballo dos equipos, aforrar tempo e gañar eficiencia.
  • Automatización de procesos: que tarefas poden automatizarse hoxe con sentido práctico e sen grandes proxectos.
  • Implantación sinxela de axentes de IA: sen necesidade de programar, nin coñecementos tecnolóxicos previos, como utilizar axentes de IA que están previamente configurados para calquera tipo de tarefa na empresa.

Inscríbete aquí.

PROGRAMA

12:30 h: Benvida

Alfredo Ramos, director R e director territorial en MasOrange

12:35 h: Como aplicar a IA de forma práctica na túa empresa

Alberto Díaz, product manager IA & Data R e Orange Empresas

13:25 h: Peche

13:30 h: Viño networking

__________________________________________________________________________

cando?

Venres, 12 de xuño de 2026.

onde?

Nordés Club Empresarial, R. Enrique Mariñas Romero, 32, 15009 A Coruña

a que hora?

12:30 h a 13:30 h.

__________________________________________________________________________

Se che interesa asistir, envía un email a xornadastecnoloxicas@mundo-r.net indicando o lugar: Vigo ou A Coruña.