Dende hai uns anos as empresas botan man do coaching para mellorar en moitos aspectos e sobrevivir aos tempos de crise. Pero, que é o coaching? As súas orixes atópanse, aí onde o ves, na “maieútica” de Sócrates. Daquela o filósofo axudaba os seus discípulos a sacar as súas propias conclusións e verdades a través de preguntarse a si mesmos. Nos anos cincuenta o coaching fíxose un oco nas universidades americanas e, a partir de aí, comezou a estenderse por todo o mundo.

O obxectivo do coaching, que significa adestramento ou preparación, é guiar á empresa polo camiño correcto para acadar os obxectivos marcados previamente. Para iso empréganse os seus propios recursos e as habilidades dos seus empregados.

A serie ‘Cámara Café’ explicou no seu día este concepto

Pero non fai falla ser unha empresa grande para aplicar o coaching, xa que as pemes tamén poden botar man das súas técnicas. Así que abre ben os ollos e toma nota!

Para comezar este adestramento precísase un coach, ou adestrador, que mostrará os puntos de mellora da empresa. Ao final estamos tan metidos nas rutinas do día a día, que dende dentro son difíciles de detectar. Na actualidade hai moitos tipos de técnicas para aplicar o coaching, entre elas destacan as charlas motivacionais, os obradoiros e moitas traballos prácticos.

Todas estas técnicas perseguen os mesmos obxectivos que resumen o que pode facer o coaching por mellorar a túa empresa ou negocio:

  • Mellorar as relacións entre os membros da empresa
  • Mellorar o proceso de toma de decisión e solucións de problemas
  • Mellorar a calidade e a produtividade nas diferentes áreas
  • Mellorar a imaxe corporativa da empresa

Os obxectivos pódense ampliar ou adaptar ás necesidades de cada empresa pero estes, en liñas xerais, serían os primordiais.

Se estás interesado en aplicar o coaching no teu negocio, podes informarte en calquera destas dúas entidades acreditadas para desempeñar esta disciplina na Asociación Española de Coaching ou no Instituto Europeo de Coching. E en Galicia tes unha filial da Asociación Española de Coaching Ejecutivo-Organizativo, Aecop Galicia.

Ata outra!