Coidar a ciberseguridade resulta fundamental en toda empresa. Porque no noso día a día manexamos un conxunto de ferramentas e procesos dixitais que chegaron moi velozmente, co que ata a data non fomos quen de avaliar con calma os riscos e as consecuencias; isto implica unha grande oportunidade para ciberdelicuentes e ciberataques.
Sobre un dos grandes crebacabezas para as empresas, a ciberseguridade, falamos con Jorge Catoira, especialista en vendas e márketing en R empresas.
Quen están detrás dos ataques
O ‘cibercrimen’ supera en ingresos ao comercio ilegal global, así que falamos de equipos profesionais e organizados que atacan alí onde ven maior rendemento.
Cómpre que a nosa estratexia de ciberseguridade pase por non converternos nun branco interesante para eles. Como o facemos? Jorge dános varias claves.
Tipos de ciberataques máis habituais
Os ataques por campaña e os ataques dirixidos son os dous grandes tipos de ciberataques. Jorge explícanos as diferenzas.
E mención especial ao ransomware, convertido no incidente "estrela" dos últimos anos.
Principais ameazas e vulnerabilidades das empresas
A ciberseguridade consiste en protexer á empresa de ameazas e vulnerabilidades que poñen en risco os seus activos dixitais.
Jorge fálanos dos tres tipos de vulnerabilidades que son máis habituais nas organizacións: tecnolóxicas, operativas e as vinculadas ao capital humano.
Consecuencias e reacción ante un ciberataque
Se sufrimos un ciberataque, a clave está en coñecer cales poden ser as consecuencias.
Resulta fundamental ter capacidade de recuperación e retomar a nosa actividade canto antes.
Un sistema de backup facilitaranos ese camiño de volta á normalidade.
Como podo protexer a miña empresa?
Contar con tecnoloxía actualizada, ter coñecemento e experiencia e estar concienciados sobre a importancia de coidar a ciberseguridade da empresa son algúns dos aspectos fundamentais que che axudarán a protexer o teu negocio.
Se queres máis información sobre as nosas solucións de ciberseguridade, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.