Se estás pensando en montar o teu propio negocio, seguro que estás a medir cada investimento e estudiando opcións para aforrar o máximo posible.

A tecnoloxía pode ser a túa aliada para minimizar custos. Consulta ao teu operador de telecomunicacións as solucións personalizadas para empresas que che poden axudar a poñer a funcionar o teu negocio. Colle a túa tablet ou o teu smartphone e apunta estas ideas para aforrar cando esteas equipando tecnolóxicamente a túa oficina.

Centraliña virtual ou IP

Olvida o gasto inicial que supón comprar una centraliña tradicional. Non só terás que realizar un importante desembolso inicial de cartos, senón que o teu equipo técnico terá que invertir horas na súa instalación, por non falar da instalación de cables específica. As centraliñas virtuais ou IP cumpren as mismas funcións que as físicas: desvíos de chamadas, multiconferencias, contestador automático, grabacións, pero sen a necesidade de ter un equipo físico que ocupe espazo na túa oficina e que precisa un mantemento técnico.

As centraliñas IP permiten ademais unha xestión profesional das chamadas sen necesidade de ter liñas de voz tradicionais, o único imprescindible é unha conexión a Internet. Notarás tamén o aforro no mantemento, xa que engadir novos postos de traballo é moito máis fácil, se non precisa instalación de cable adicional. En resumo, baixa a cantidade de traballo do teu departamento técnico, e aforra a inversión en equipamento inicial e mellora a productividade ao poder responder no móbil como se estiveras no fixo.

Solucións de comunicación chave en man

As solucións chave en man para oficinas permítenche dispór de todo o abano de servizos de telecomunicacións que precisas para poñer en marcha o teu negocio por unha cota fixa ao mes. É unha fórmula moi atractiva para pemes, que poden aspirar a desfrutar de servizos de gran empresa grazas as solucións na nube.

Se es dos nosos e queres confiar a R as comunicacións do teu negocio, disporás de teléfonos IP con funcionalidade de centraliña, chamadas gratis a fixos e limitadas a móbil, chamadas TPV, Internet por fibra óptica, fax IP, mantemento preferente para resolver incidencias inesperadas e ata axuda informática no caso de que te atasques coa instalación dun programa ou a configuración da impresora. Todo pagando un fixo ao mes por posto de traballo. Unha opción pensada para oficinas de ata oito empregados.

Estas solucións de telecomunicacións para empresas son totalmente escalables, de xeito que se adaptan os ciclos de crecemento dun negocio que empeza. Se precisas incorporar xente ao cadro de persoal, a conectividade non será un problema. Basta con que engadas novos postos adicionais por moi pouco máis ao mes.

Xa o sabes, se es emprendedor, a tecnoloxía está do teu lado. Descobre como podes facer máis liviás a túa empresa as cargas extra con solucións de comunicacións económicas e eficaces.