Vivimos inmersos nun novo escenario dixitalizado onde o sector bancario tamén ten que adecuar canto antes as súas solucións tecnolóxicas ás demandas de mercado e clientes/as.
En R levamos anos traballando no desenvolvemento e xestión dos sistemas de telecomunicacións de ABANCA. De feito, a nosa proximidade e profundo coñecemento da súa rede axudáronnos a posicionarnos para crear unha solución adaptada ás necesidades, circunstancias e procedementos operativos da entidade, unha conxuntura onde ser flexible resulta determinante.
Contamos tamén con criterios de deseño diferenciais, como a mellor infraestrutura de fibra óptica en cada sede, a alta dispoñibilidade á hora de combinar redes de acceso de diferentes operadores e a redundancia en elementos centrais.
Ademais, o noso obxectivo é minimizar o impacto no negocio da actualización da rede de ABANCA e reducir riscos na súa implantación. Queremos optimizar a carga de traballo do equipo da entidade, achegando as máximas garantías na xestión e mantemento do servizo.
Tras analizar con detalle as necesidades da entidade bancaria, dende R lanzamos unha proposta global que lle ofrece novas funcionalidades á rede de ABANCA, como a conectividade entre nubes e oficinas.
Neste caso apostamos pola tecnoloxía de Aruba, unha das solucións máis punteiras do momento, capaz de crear conexións rápidas entre as diferentes sedes de ABANCA. A solución incide na fiabilidade achegada polas redundancias máis completas, aproveitando as mellores infraestruturas de fibra óptica de cada oficina.
Colaboración consolidada e fluída entre R e ABANCA
Un dos nosos grandes valores é ofrecer un equipo profesional de primeiro nivel, pola súa capacidade técnica e experiencia contrastada, que traballe de xeito conxunto cos enxeñeiros de ABANCA. Por iso contamos cun grupo especializado dedicado á entidade que se ocupa de detectar incidencias e de achegar solucións. Un equipo humano interno (in-house) experimentado e dotado de ferramentas extremo a extremo, que abarca equipos de rede e técnicos de campo.
Trátase, en definitiva, dun proxecto completamente adaptado ás necesidades, ecosistema e dispersión de ABANCA que potencia a funcionalidade e dispoñibilidade dos servizos e que se desenvolveu tras un proceso de selección metódico e contrastado co departamento técnolóxico da compañía.
En R sempre procuramos que as empresas vos manteñades á vangarda tecnolóxica. Consideramos imprescindible nos nosos días a innovación como gran valor que lle podemos achegar a Galicia e, neste caso concreto, a ABANCA, entidade emblemática do sector bancario na nosa comunidade.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.