Hoxe presentámosche outro caso de éxito empresarial, a solución wifi de Termaria Casa del Agua. As instalacións deportivas e de ocio situadas na cidade da Coruña apostaron pola rede wifi de R para ofrecerlle aos seus clientes unha conexión de internet sen fíos de calidade.

Hai uns anos Casa del Agua dispoñía de dous puntos wifi nas súas instalacións para que os seus clientes se puidesen conectar a internet. Pero co paso do tempo dende a organización déronse conta de que este era un servizo de valor engadido e obrigatorio, por iso decidiron mellorar a súa cobertura wifi.

O xerente de Termaria Casa del Agua, Claudio Orjales, deunos máis detalles da implantación da solución wifi de R e como é a súa acollida por parte dos seus usuarios. “Trátase dunha solución moi efectiva e cun servizo que podemos avaliar como notable; xa que a día de hoxe é imprescindible no centro”, indica Claudio.

Salas de fitness e Termaria Room

Nas instalacións de Casa del Agua hai 21 antenas interiores e dúas exteriores que cobren unha superficie de 13.700 m2.

Nas salas de fitness é onde hai máis conexións á rede wifi xa que os usuarios acceden, a través dos seus móbiles, ás diferentes apps de prescrición de exercicio físico que sincronizan cos equipamentos deportivos das instalacións.

Outra das salas nas que se tira moito da conexión wifi é a Termaria Room. Trátase dunha sala de socialización onde os usuarios botan man dos seus smartphones e tablets.

Convivencia con wificlientesR

A solución wifi de Casa del Agua convive coa de wificlientesR, así que os clientes de R e que tamén sexan usuarios destas instalacións teñen onde escoller á hora de conectarse á rede .

Para poder acceder á rede wifi de Casa del Agua é preciso ser usuario das instalacións e estar subscrito ao seu boletín mensual que é onde se publica o contrasinal correspondente a cada mes.

widget

App de Termaria

Termaria Casa del Agua está traballando na súa propia app de prescrición de exercicio físico e que ademais incluirá moitas novidades. Está previsto que se lance proximamente.

Mentres tanto os seus usuarios apaixonados polo deporte empregan apps como Technogym, un dos seus provedores de equipamentos deportivos, dispoñible para Android e iOS. A app baseada en gamificación e recompensas WeFitter, tamén dispoñible para Android e iOS. E os amantes da bici empregan, ICGtrainning, dispoñible en Android e iOS, e os enganchados ao fitness empregan LF conect, dispoñible en Android e iOS.

Como ves en Termaria Casa del Agua teñen todo moi ben conectado graciñas á solución wifi con R. Se estás interesado en que a túa empresa poida desfrutar de todas estas vantaxes non dubides en poñerte en contacto con nós.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!