Un dos clientes máis destacados que temos en R é COFANO. Trátase dunha cooperativa farmacéutica composta por máis de 600 socios en Galicia. Distribúen medicamentos a farmacias de toda a comunidade dende catro almacéns automatizados que teñen nas cidades de Vigo, Coruña, Ourense e Pontevedra.
Transformación dixital
Dende COFANO buscaban realizar un exercicio de transformación dixital arredor de tres eixos:
- Big Data: realizar analítica avanzada a partir de toda a información dos sistemas e datos recompilados nas farmacias.
- RPA (Robotic Process Automation): unha operadora automática ou chatbot que permita ás farmacias unha nova canle de atención con soporte.
- IoT (Internet de las Cosas): monitorizar con sensores tanto os frigoríficos como as propias farmacias.
Internet das Cousas
Un dos obxectivos era medir, rexistrar e ter unha alarma ante calquera incidencia de temperatura nos frigoríficos e no ambiente para cumprimento da normativa. Para iso instálase un sensor de temperatura e de humidade relativa. Con calquera variación establecida, lánzase un aviso á app do móbil.
A través da app de COFANO (para Android e iOS) os nosos clientes poden consultar tamén, en tempo real, a temperatura dos frigoríficos. Ademais teñen a opción de supervisar a farmacia a través de vídeo, no caso de que teñan un sensor cunha cámara conectada.
Por outra banda, é posible ter outro tipo de sensores: como de apertura de portas e fiestras (para ver se entra alguén, por exemplo); un enchufe domótico (para prender ou apagar de forma remota luces ou aparatos); un detector de fumes ou inundacións ou un medidor de cadro eléctrico.
Toda esta información, como dicimos, pódena consultar as farmacias a través da app de COFANO, para a que traballamos con CINFO.
Big Data
Outro dos puntos de traballo foi aproveitar toda a información que teñen as farmacias. Desta forma, grazas á plataforma Mileva, recompílase a información que ofrecen os sensores, a app das farmacias e os propios almacéns de COFANO, garantizando a continuidade dos datos, a seguridade e o rendemento de todo.
Grazas á analítica pódense tomar decisións de forma rápida e áxil. Por exemplo, pódense ver patróns de consumo en determinadas zonas, para ver se por exemplo empeza a época de gripes e é necesario pedir determinados medicamentos que agora mesmo non están dispoñibles na farmacia.
Como todo está integrado, a analítica permite anticiparnos ao que pode pasar tras detectar patróns de venda e faltas de stock. Ademais, cada farmacia terá un cadro de mando sobre a súa xestión.
Centraliña virtual
Por outro lado, na app móbil de COFANO, as farmacias terán un chat de atención ao cliente á súa disposición. De forma sinxela, as farmacias poderán:
- Xestionar consultas, pedidos e incidencias.
- O chat conta con intelixencia artificial, co que podería ir aprendendo destas conversas.
- Xestionar os seus dispositivos e consultar os datos dos sensores: temperatura dos frigoríficos, vídeo de actividade na farmacia, etc.
En definitiva, do que se trata é de dar un paso máis na xestión do seu traballo, dixitalizando toda a información, monitorizando o que sucede e convertendo eses datos en algo útil para poder tomar decisión no día a día.
Un saúdo.