Xa pasaron moitos anos dende que o meu pai puxo en marcha o negocio madereiro en Ourense. Froito da súa visión e espírito eu tiven a sorte de herdar un negocio consolidado e síntome orgullosa de seguir a senda marcada por el. Tiven que aprender moito a través da súa experiencia e consellos, pero tamén tiña claro que o negocio debe evolucionar para seguir medrando.
Foi cando contactei, por primeira vez, co Servizo de Empresas de R. Tiña claro o que buscaba para esta nova etapa: un servizo rápido de acceso a internet e poder facer chamadas a fixos e móbiles dende a miña central. Por aquel entón, este era todo o servizo de telecomunicacións que precisaba, pero sobre todo necesitaba unha atención e asesoría próximas, e foi o que atopei.
O negocio foi medrando e comezamos coa apertura de novos mercados. A crecente demanda de pedidos de países como México e Venezuela chegou e levounos á necesidade de viaxar e de estar permanentemente conectados á oficina.
R, o aliado tecnolóxico para a miña empresa
R soubo adaptarse e atopar a solución máis adecuada en cada momento para atender as miñas necesidades, sempre cunha atención próxima e trato personalizado. Con eles, con Luis escoitándome, e entendendo o meu negocio, percorrín moito camiño ao longo de todos estes anos.
Primeiro foi o Combo Oficina e despois a Solución Empresa, así conseguín sempre dispoñer de máis funcionalidades dende a nube das que me daba a miña antiga central. Todo de forma sinxela e flexible, sen ter que investir máis tempo e diñeiro en cambiar equipos. Isto era unha premisa fundamental para min. Necesitaba seguir centrada no meu negocio e estar asesorada en materia de telecomunicacións por un experto.
A nova Solución PyMEs, fácil, flexible e conectada
Agora chega Solución PyMEs, o servizo máis completo para as comunicacións da miña empresa, que me ofrece máis velocidade, máis funcionalidades, máis integrada, máis flexible e máis segura.
A oficina xa non está só no meu lugar de traballo, senón alí onde a necesito (ou a quero 😊). Adáptase ao meu estilo de vida e podo levar a oficina ao congreso ou á praia.
A Solución PyMEs permíteme adaptarme ás novas necesidades e seguir medrando como empresa sen ter que facer grandes gastos nin reorganizar toda a miña estrutura. Así podo centrarme no que para min é a prioridade: os clientes.
Continuar co legado de meu pai foi motivador e unha grandísima oportunidade de desenvolvemento persoal e profesional para min.
Iria.
Que me ofrece Solución PyMEs?
- Total integración entre telefonía fixa e móbil para calquera perfil de usuario (fixo ou móbil).
- Consola de administración online.
- Velocidades de acceso a internet de 1 Gbps.
- Axenda compartida e integrada con Microsoft Office 365.
- Control de presenza nos postos fixos.
- Conexión de datos entre todas as sedes da túa oficina.
Solución PyMEs é un servizo completo para as comunicacións da miña oficina co que poderei acceder a solucións integradas, flexibles e seguras dende onde queira.
Se estás interesado, contacta co teu asesor ou chama ao 1446 | mundo-r.com/empresas.