Xa non te preguntas se é prioritaria a seguridade no teu negocio. Sabes que tes que actuar e protexelo.
Porque as pequenas e medianas empresas (pemes) son as que sofren máis delitos cibernéticos hoxe en día. Estudos recentes estiman que 3 de cada 4 destas compañías padeceron algunha vez problemas de ciberseguridade.
Sabemos que algunhas das barreiras ás que se enfrontan para protexer a continuidade dos seus negocios ten que ver co descoñecemento, a falta de compromiso por parte da dirección e o persoal ou ter unha percepción equivocada dos ‘ciberataques’.
No almorzo R darémosvos pautas e accións que definen as mellores prácticas para previr posibles ataques nos vosos negocios”.
Relator
Jose Manuel García Fernández
Responsable de Cloud e Ciberseguridade de R
Lugar de celebración
Dixital e presencial no Círculo de Empresarios de Galicia.
Data e hora celebración
Xoves, 2 de decembro ás 9:30 h.