O Programa ‘Kit Dixital’ é unha iniciativa do Goberno de España que conta con 3.000 millóns de euros de orzamento procedentes dos fondos europeos Next Generation EU del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.
O seu obxectivo é a concesión de axudas a pequenas e medianas empresas a través dos chamados bonos de dixitalización para contratar unha ou varias solucións do Catálogo de Solucións de Dixitalización.
Ao longo de tres sesións dinámicas explicaremos este programa:
Luns, 7 de novembro
9:30h
- Que é e en que consiste o Programa Kit?
- Os bonos dixitais en que consisten, que solucións engloban, que importes, como solicitalos, a quen van dirixidos, de que prazos dispomos?
- Cal é o papel do ´axente dixitalizador´?
Luns, 14 de novembro
9:30h
- Cal é a solución dixital para o meu negocio?
- Fai medrar a túa empresa en Internet, cara a negocios cada vez máis dixitais
- Solucións dixitais para xestionar e automatizar a túa empresa
- Como dispor dunha oficina virtual garantindo a seguridade nas túas comunicacións?
Luns, 21 de novembro
9:30h
Nesta última sesión, da man do noso partner Abanca, daremos as ferramentas para financiar o teu investimento en tecnoloxía.
Relatores:
Monica Gondar Alvarez, Directora de negocio de Next Generation en ABANCA
Guillermo Cobelo Pelaez, Gerente de Desenvolvemento de Produto en ABANCA
Alberto Díaz Freire, responsable Alianzas e Transformación dixital de R Empresas
Documentos: