Alberto Díaz, responsable de IA e Data de R, é un dos expertos que participou nas Xornadas Tecnolóxicas R 2024. Con el falamos sobre servizos dixitais e a incorporación da Intelixencia Artificial nas empresas, dende a situación real actual aos retos de futuro.

  • Actualmente as tendencias en IoT, cloud ou IA están á orde do día e na boca de todos/as. Por que a IA é decisiva para o futuro das empresas?

O IoT permítenos dispoñer de calquera tipo de dato; o Big Data, grazas ao cloud computing, posibilítanos almacenalos e ter a capacidade de procesamento necesaria. A IA, pola súa banda, proporciona vantaxes clave para as empresas; entre outras, xerar novos modelos de negocio ou coñecer mellor os/as clientes/as e crear empresas máis sostibles e competitivas.

  • Como están a adaptarse as empresas ás novidades? Cal é o grao de implantación destas tecnoloxías disruptivas?

Aínda que o grao de implementación varía, en xeral estase producindo unha adopción lenta da IA polas empresas e profesionais. E cómpre aumentar o ritmo pois a IA é unha xanela de oportunidade esencial para aumentar a capacidade de innovación e conseguir maior eficiencia e competitividade.

Alberto Díaz: "A IA é clave para aumentar a capacidade de innovación e conseguir maior eficiencia e competitividade"

  • Que tipo de servizos ou solucións dixitais son os máis demandados actualmente polas grandes empresas?

Na actualidade quizais os servizos máis demandados nestes momentos céntranse no relativo á automatización de procesos e ao emprego da IA xerativa aplicada ás empresas cos seus propios datos e fontes de información para a mellora operativa e a automatización de procesos repetitivos.

  • En que produtos e servizos dixitais está a poñer o foco R?

R, dende o inicio, ademais de contar coa última tecnoloxía de telecomunicacións quixo ir máis aló e nos últimos anos incorporou tecnoloxías emerxentes como IoT, Big Data e IA en modo servizo. Tamén estableceu alianzas coas principais empresas do sector para desenvolver o catálogo de servizos que lles ofrece aos/ás seus/súas clientes/as.

  • Que papel xoga a experiencia de cliente na adopción da IA nas empresas?

É clave poder ofrecerlle ao/á cliente/a o mellor servizo en cada momento a través da canle axeitada. E a experiencia de cliente vai ser un dinamizador esencial na incorporación da IA nas empresas.

Alberto Díaz: "A experiencia de cliente vai ser un dinamizador esencial na incorporación da IA nas empresas"

  • Neste contexto tan dixitalizado, que papel xoga a conectividade na transformación dixital das grandes empresas?

Para poder implementar solucións de IoT e Big Data (para a adquisición) e a IA (para a explotación de datos), é fundamental dispoñer, dentro da estratexia de dixitalización e transformación das empresas, dunhas infraestruturas de telecomunicacións adecuadas.

Outro aspecto fundamental é contar cun socio tecnolóxico como R, xa que permite realizar as comunicación idóneas a través de fibra e 5G, así como dispoñer de redes privadas virtuais corporativas e acceso ás clouds públicas.

  • Como aborda R a necesidade de personalización nos servizos dixitais?

Ademais da dotación das capacidades tecnolóxicas e o compromiso dun servizo garantido extremo a extremo, R permite ofrecer solucións específicas adaptadas ás necesidades do negocio grazas á flexibilidade duns servizos tecnolóxicos modulares e ao traballo de xeito conxunto coa empresa na procura da solución de negocio máis adaptada a cada empresa.

  • Cales son as principais conclusións que sacaches tras esta xornada tecnolóxica? /Cales son os principais retos aos que se pode enfrontar o sector das telecomunicacións proximamente?

Poder ofrecerlles aos/ás clientes/as a experiencia dixital que demanda a actualidade e un servizo moderno e actualizado. O sector das telecomunicacións require do emprego das novas tecnoloxías, como Big Data e IA, que xa son unha realidade no marco dos procesos e operativas empresariais.