A tecnoloxía 5G conta cun bo número de vantaxes e novas posibilidades. Nesta ocasión, R e o concello de Vilagarcía de Arousa unímonos para poñer en marcha un proxecto piloto que, utilizando a nosa rede 5G, permite gravar e retransmitir en tempo real eventos en instalacións deportivas da localidade.

Este piloto probará con 5G a conectividade de datos dun servizo de última xeración sobre a plataforma Paragon do noso socio tecnolóxico Singtel e coa aplicación TiiVii da empresa galega Cinfo.

Servizo multicámara de produción automática aplicando IA

Falamos dun servizo de última xeración baseado nun sistema de produción automática e remota con capacidades de vídeo en calidade 4K. Nel, a intelixencia artificial aplicada á emisión automática do evento permite recibilo a través de múltiples plataformas en internet sen necesidade de operadores de cámara, tanto en diferido como en directo.

Así, por exemplo, poderase executar a realización remota dun partido de fútbol que se xogue nas instalacións do estadio a través dunha mesa de realización na nube, accesible dende calquera lugar e coa posibilidade de xestionala manualmente.

O sistema intelixente da plataforma permitirá retransmitir e gravar competicións e partidos oficiais de fútbol, exhibicións, adestramentos e outros eventos dese tipo que se realicen no estadio de Vilagarcía.

5G-vilagarcia

Un sistema multicámara incluído no piloto facilita, ademais, o cambio de cámaras simultáneas de forma inmediata, considerando os obxectivos tácticos máis específicos e interesantes para o deporte.

Con este proxecto, esprememos as capacidades da nosa nova rede 5G e dos seus servizos, que poden utilizarse de maneira totalmente dixital por parte doutras empresas tecnolóxicas.

Deporte en tempo real grazas á rede 5G de R

A plataforma é pioneira pola cantidade de capacidades aplicadas a redes 5G que aglutina:

• Facilita un control sen precedentes de múltiples aplicacións que se traduce en rapidez, eficacia e redución de custos operativos e de persoal.

• Cobre os requirimentos tecnolóxicos do sistema en canto a ciberseguridade, innovación presente e futura e 5G optimizados cunha soa ferramenta.

• Permite que non haxa límite de espectadores no visionado do evento, que, ademais, pode verse de maneira simultánea en varias plataformas.

• Posibilita un visionado en tempo real ou en diferido con calidade de imaxe excelente e potencialmente enriquecida con melodías, grafismos, locucións, repeticións…

"Second Coach": tecnoloxía útil para os adestramentos

5G-vilagarcia

Outra das funcionalidades do sistema é "Second Coach" ("segundo/a adestrador/a"). Está especialmente dirixida a adestradores/as e corpo técnico para mellorar o rendemento deportivo a través de gravacións de rutinas de adestramento e partidos como execución técnica para a súa visualización e análise noutro momento.

"Second Coach" permite gravar e visionar dende diferentes tiros de cámara, facer avances, retrocesos e zooms no vídeo ou mesmo marcar puntos de interese para recuperalos e repasalos posteriormente.

Mediante este proxecto conxunto co concello de Vilagarcía abrímoslles a porta a inxentes posibilidades de innovación tecnolóxica que nos permitirán gozar de todo tipo de eventos nun futuro inmediato. E tamén facemos realidade o noso obxectivo de levar á práctica solucións punteiras de moita utilidade para pemes e grandes empresas galegas.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial de empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.