Non cabe dúbida de que o mundo cambiou a unha velocidade de vertixe neste atípico ano 2020. A pandemia da COVID-19 acelerou o ritmo normal ao que se suceden as cousas, algo que lles afectou especialmente aos moitos procesos de dixitalización en que estades inmersas as empresas privadas e públicas. Unha transformación dixital na que adquiren especial relevancia a captura, o tratamento e a posta en valor dos datos de que dispoñedes.
E case sen nos decatar, os proxectos liderados polas áreas de analítica das organizacións convertéronse nos grandes protagonistas de moitas empresas porque, aínda que xa erades conscientes de que a transformación dixital e a Intelixencia Artificial proporcionan vantaxes competitivas a todas as industrias, a pandemia proporcionou maior cantidade e variedade de motivos para apostar con forza por solucións deste tipo.
O noso equipo especializado en servizos de Intelixencia Artificial aplicada, BAI Analytics, identificou unha serie de patróns na industria da IA que gañaron peso e se volveron máis comúns nos últimos meses:
1. O tamaño das empresas e organizacións que deciden dedicar recursos a proxectos de IA reduciuse notablemente.
2. O tamaño medio dos equipos de ciencia de datos/ Intelixencia Artificial /analítica avanzada das empresas tamén se reduce, debido á incorporación de empresas máis pequenas ao mundo da IA, como acabamos de comentar, e tamén á maior capacidade das ferramentas dispoñibles, que evita incrementar o equipo humano necesario.
3. Mantense a escasez de perfís capacitados e con experiencia, polo que se fan indispensables as colaboracións estratéxicas entre socios tecnolóxicos e empresas.
4. Os proxectos de IA nos que se embarcan as empresas están a pasar por un período de maior madurez e de aliñamento cos intereses principais da organización; é dicir, cada vez inícianse menos proxectos dirixidos ao público e son máis os que buscan aumentar os ingresos, reducir custos e lograr unha mellor relación co cliente.
5. O presuposto medio dun proxecto ou piloto dunha empresa redúcese, tanto pola aparición de ferramentas que permiten desenvolver iniciativas de IA de maneira máis rápida e controlada, optimizando o seu custo, como por atoparnos nunha época de recortes orzamentarios.
Os datos confírmannos que a industria vinculada á Intelixencia Artificial avanza, pero non sempre se resolven algúns dos tradicionais problemas vinculados a estas novas tecnoloxías, algo para o que seguides demandando asesoramento.
En primeiro lugar, preocúpavos conseguir o despregamento e a posta en valor dos proxectos de IA nun tempo razoable, xa que non son operativos aqueles cuxa posta en marcha se dilata durante meses; para entón quedaron obsoletos, os seus datos xa non se axustan á actualidade e mesmo as necesidades poden ter cambiado radicalmente; e de nada serve crear un modelo que non se pon en produción.
Tamén necesitades controlar os modelos despregados de maneira efectiva e continua, non só como un proceso puntual. E para iso é necesario adaptar as mellores prácticas empresariais en escenarios con múltiples modelos en produción.
Somos conscientes de que as empresas cuxa madurez de IA é aínda inicial, e mesmo aquelas que contan xa con ferramentas específicas de gobernanza de datos, aínda teñen dificultades para priorizar casos de uso e detectar o grao de complexidade e impacto na propia organización.
En definitiva, ser exitoso na implementación de iniciativas con Intelixencia Artificial non consiste só na compra dunhas licenzas e dispoñer dun dataset histórico. Para poder abranguer un proxecto de principio a fin hai que ter tamén en conta variables como a calidade dos datos, as plataformas adecuadas, o coñecemento dos perfís apropiados e unha estratexia ben definida executada por un equipo directivo concienciado dos beneficios que a IA lle pode achegar.
En R estamos para axudarte a implantar na túa empresa os servizos de Intelixencia Artificial que mellor se adapten ás túas necesidades. Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área comercial empresas.