A familia emoji crece cada ano, só este ano incorpóranse 117 novas iconas, que elevan xa a cifra a máis de 3.000. Pero, sabes quen decide o ingreso de novos emojis ao noso vocabulario? Pois unha especie de RAE que é bastante esixente, por certo. Contámosche esta e outras curiosidades no Día Mundial do Emoji.
Por que o 17 de xullo?
Primeiro dato curioso. O Día Mundial do Emoji celébrase cada 17 de xullo porque é a data que aparece no símbolo do calendario en moitos móbiles. Vén sendo como as 10:10 nos reloxos . Apple elixiu ese día para lanzar a súa aplicación de calendario iCal hai 18 anos e como os da mazá adoitan sentar cátedra, quedou ese 17 de xullo como estándar para o emoji calendario.
Consorcio Unicode, a RAE dos emojis
Para que un Emoji se incorpore ao noso vocabulario, ten que pasar o filtro do Consorcio Unicode. A organización sen ánimo de lucro recibe unha chea de propostas ao ano, pero non todas chegan a bo porto. Aí segue esperando o emoji do xamón serrano .
Para darlle un empuxón ás candidaturas creouse en 2015 a comunidade Emojination. O seu primeiro logro foi que os de Unicode aprobasen a empanada como emoji.
A oliva, entre as novidades de 2020
Mentres o xamón segue á espera, quen si se converte en emoji oficial este ano é a oliva. A lista de Unicode para 2020 inclúe 117 novos emojis, entre eles a “man italiana” ou o “ninja”. Se tes curiosidade, aquí está a lista completa.
Emojipedia, a Wikipedia dos emojis
Nin a flamenca é tan flamenca, vese que é unha muller bailando salsa; nin as mans xuntas están a chocar, senón mostrando agradecemento ou rezando. Na Emojipedia podes consultar o significado real dos emojis que usas a diario para non cometer estes erros tan comúns.
Google cociña emojis
Google proponche un xogo que bautizou como Emoji Kitchen. Aos teus emojis habituais deulles unha volta de deseño que combina varios emoticonos nun. Cada vez que pulses un emoji no teu Gboard (teclado de Google), suxerirache outras divertidas opcións personalizadas. Así poderás mandar non só a cariña con chapeu cowboy sorrindo, senón tamén enviando un bico ou chorando de risa.
E dúas últimas curiosidades. Os emojis tamén teñen os seus premios: a cariña riseira con corazóns foi elixida como o emoji máis popular de 2019 nos World Emoji Awards.
E foron levados á gran pantalla en “Emoji: la película”, cuxo resultado valeulle catro premios Razzie, os anti Óscar do cinema; entre eles, “Peor película”, superando ao “ Baywatch” da Roca.
Celebra connosco o Día Mundial do Emoji, cóntanos cal é o teu favorito, o que máis rabia che da ou o que necesitas que engadan si ou si. Déixanos o teu comentario ou o teu emoji .