O Asalto ao Castelo 2025 recrea un ano máis as revoltas Irmandiñas, convertendo Vimianzo no epicentro da festa do 4 ao 5 de xullo. O outro prato forte son os concertos do festival ou a cea medieval. Contámosche todo o programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025 para que goces desta festa de interese turístico de Galicia.
Programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025

O Asalto ao Castelo 2025 celebra a súa 28 edición en Vimianzo do 4 ao 5 de xullo. O momento máis esperado da festa é, sen dúbida, a recreación das revoltas Irmandiñas do século XV, porque se involucran todos os asistentes no Campo da festa, con batalla de globos de auga incluída. Este Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025 será o sábado 5 de xullo pola noite e máis abaixo contámosche todos os detalles.
Pero o programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025 empeza xa o xoves 3 de xullo, a véspera do Asalto, cun serán infantil meigo, o Aquelarre de Ánimas de Palleiro para o Chamamento á Loita na Praza do Concello.
Xa o venres 4 de xullo, ten lugar o pregón do Asalto ao Castelo de Vimianzo, a cea medieval e arrinca o festival de música con concertos gratis no Campo da festa.
O sábado 5 de xullo os concertos son de pago, podes comprar aquí a entrada, e o programa do día inclúe actividades para os peques, como o Asaltiño ou a historia dramatizada do castelo.
O colofón do Asalto ao Castelo 2025 chega o domingo 5 de xullo, con visitas teatralizadas e sesión vermú.
Durante toda a fin de semana e os días previos, podes comer nos bares que ofrecen os Pinchos Irmandiños.
E tamén dispós de zona de acampada que cho contamos máis abaixo.
Aquí deixámosche todo o programa do Asalto ao Castelo 2025, que publica a organización do evento:
Xoves, 3 de xullo
- 17:00 h. Praza do Concello: Tarde-noite Infantil Meiga.
- 20:00 h. Rúa: XII Espazo Artístico Itinerante.
- 20:00 h. Rúa: X Des-enterro Irmandiño.
- 23:00 h. Praza do Concello: III Aquelarre de Ánimas de Palleiro para o Chamamento á Loita.
Venres, 4 de xullo
- 19:00 h. Rúa: XII Espazo Artístico Itinerante.
- 19:00 h. Praza do Concello: Orquestra Pasarela Big Band
- 21:00 h. Rúa: XIV Circuíto Musical: Dautaka.
- 21:00 h. Foso do Castelo: Ofrenda Musical: Cé Orquestra Pantasma.
- 21:30 h. Foso do Castelo: XIV Cea Medieval (entradas esgotadas) animada por Suso de Xornes e Lupe Blanco, Cé Orquestra Pantasma e Queimada co druída Miguel Queiro.
- 23:59 h. Campo da Festa do Asalto: Concertos - XIII Noite Meiga de carácter gratuíto:
- Che Sudaka
- Monoulious Dop
- La Yaya Dj
Sábado, 5 de xullo
- 10:00 - 20:30 h. Praza do Concello: XIII Feira Artesanal.
- 10:30 - 14:00 e 16:00 - 20:30 h. Castelo: Mostra de Artesanía ao Vivo.
- 12:00 - 15:00 e 19:00 - 23:00 h: XVI Pinchos Irmandiños.
- 11:00 - 13:00 h. Praza do Concello: Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella.
- 11:00 h. Praza do Concello: Xogos de Mesa de Temática Medieval: INCUDE.
- 11:00 h. Praza do Concello: Mostra Evolución Histórica de Armas: Club Falcata Hema.
- 11:15 h. Praza do Concello: Xadrez, Torneo de Rápidas para todos os públicos: INCUDE.
- 11:15 h. Praza do Concello: Obradoiro de Técnicas de Combate Medieval: Club Falcata Hema.
- 11:45 h. Praza do Concello: Obradoiro de Esgrima Infantil: Club Falcata Hema.
- 12:30 h. Rúa: XII Espazo Artístico Itinerante.
- 12:30 h. Praza do Concello: concertos II Espazo Neghra Sombra, con Coídos.
- 13:30 h. Praza do Concello: concertos II Espazo Neghra Sombra, con Catro nun zoco.
- 14:00 h. Rúa: XIV Circuíto Musical: AC Trubisquiña.
- 16:00 h. Praza do Concello: Aturuxos Irmandiños: Banda Plástica con Medio Quinhón.
- 16:00 h. Virtual: Torneo Internacional de Xadrez: INCUDE.
- 16:30 - 17:30 h. Da Praza do Concello ao Castelo: XII Asaltiño.
- 17:30 h. Patio de Armas do Castelo: X Viaxe no Tempo. Historia Dramatizada do Castelo.
- 17:30 h. Praza do Concello: Demostración de Técnicas con Armaduras Medievais: Club Falcata Hema.
- 17:45 h. Praza do Concello: Torneos de Carcasonne e Catro en Liña: INCUDE.
- 17:55 h. Praza do Concello: Premios do Certame de Microrrelatos Irmandiños: INCUDE.
- 18:00 h. Praza do Concello: Mini Rivas. Concerto didáctico arredor da Música Tradicional.
- 18:15 h. Praza do Concello: Obradoiro de Esgrima Infantil: Club Falcata Hema.
- 19:00 h. Praza do Concello: IX Irmandade Parroquial.
- 19:45 h. Praza do Concello: VII Pregón a cargo da Festa da Carballeira de Zas e izado da Bandeira Irmandiña.
- 20:00 h. Rúa: XIV Circuíto Musical con Dautaka, Medio Quinhón e Rapacollón's Big Band.
- 20:30 h. Campo da festa do Asalto: concerto de Alana.
- 22:00 h. Campo da festa do Asalto: concerto de The Rapants.
- 23:30 h. Campo da festa do Asalto: Asalto ao Castelo.
- 01:00 h. Campo da festa do Asalto: concerto de Heredeiros da Crus.
- 02:30 h. Campo da festa do Asalto: concerto de Firkin.
- 04:00 h. Campo da festa do Asalto: concerto de Mekanika Rolling Band.
Domingo, 6 de xullo
- 11:00 h. Castelo: Visita guiada.
- 12:30 e 17:00 h. Castelo: Visita Teatralizada co grupo Quinquilláns.
- 13:30 h. Praza Castelao: Sesión vermú animada por Medio Quinhón.
Acampar no Asalto ao Castelo 2025
Como che diciamos, pódese acampar durante a fin de semana do Asalto ao Castelo 2025.
Podes elixir entre dúas zonas: na contorna do Campo da festa, debaixo do Campo de fútbol municipal de Vimianzo; e no Pavillón municipal.
Acampar no Asalto ao Castelo 2025 é gratis e non se pode reservar con antelación, senón que é por orde de chegada.
Asalto ao Castelo
Un dos momentos máis especiais e queridos do Asalto ao Castelo de Vimianzo é a teatralización das revoltas Irmandiñas.
É o que se coñece como o Asalto ao Castelo e nel participa activamente o pobo e visitantes o sábado 5 de xullo, ás 23:30 h.
No Campo da festa escenifícase un conflito de abuso de poder por parte dos señores feudais, que ordenan o secuestro dunha persoa que os soldados levan nunha gaiola ata o castelo.
O heroe irmadiño arenga ao público para que se una no rescate. A partir de aí prodúcese a procesión do ariete, co aceso dos fachos e o camiño cara ao foso do castelo.
Alí loitan o heroe irmandiño e o nobre, acompañados polo público, nunha batalla de globos de auga.
Unha vez que o nobre perde, o ariete derruba a porta do castelo e celébrase con fogos artificiais.
E tras esta vitoria, continúan os concertos.
Non perdas o Asalto ao Castelo 2025, do 4 ao 6 de xullo, para vivir momentos como este.
Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Vimianzo