Hoxe queremos anunciarche unha mellora que xa leva unhas semanas dispoñibles para todos os clientes de móbilR e que, unha vez que xa está máis que probada, querémosche contar por se non eras consciente.
En concreto, incorporamos a todas as liñas de móbil de R a tecnoloxía VolTE.
Que é o VoLTE?
Os que sodes máis avanzados nisto das novas tecnoloxías, seguro que xa sabedes de que se trata. Para os que non, VoLTE é un acrónimo do inglés Voice over Long-Term Evolution (Voz sobre Evolución a Longo Prazo).
LTE é tamén como se adoita coñecer á tecnoloxía 4G. Co que isto no fondo é poder chamar por voz (Vo) a través da rede 4G (LTE).
En que che beneficia ter chamadas a través de VoLTE?
Hai diferentes melloras que vas poder apreciar desde xa nas túas chamadas. Pero resumímosche moi rápido algunhas:
- Más calidade nas túas chamadas: o son é moito máis claro e nítido. As conversacións soarán máis naturais e redúcese o ruído. Grazas a esta tecnoloxía tes chamadas en Alta Definición (HD Voice).
- Establecemento de chamada máis rápido: fronte ás redes 2G e 3G, desde que marcas un número ata que empeza a soar o outro teléfono, o tempo que pasa pode baixar á metade.
- Podes chamar e navegar ao mesmo tempo: antes as chamadas ían por 3G e non podías conectarte a internet mentres falabas por teléfono. Agora iso xa cambiou e podes facer todo.
- A batería aguanta máis: optimízase o consumo da batería porque o móbil non ten que estar a cambiar cada podo entre 2G/3G (para chamar) e 4G (para navegar).
- Necesario en determinados países: hai países como Estados Unidos onde están a apagar as redes 2G e 3G, co que é fundamental contar con VoLTE para poder chamar se estás de viaxe por aí.
Que teño que facer para gozar de VoLTE en R?
O VoLTE está activado para todos os clientes de móbil de R. A todos e de forma automática. É dicir, non tes que chamarnos para telo.
Agora ben, é necesario:
- Que teñas un teléfono móbil compatible con VoLTE. Os móbiles fabricados os últimos anos adoitan selo.
- Que esteas nunha zona con cobertura móbil 4G. É dicir, se estás nun sitio con cobertura 2G ou 3G non vai funcionar.
- Que teñas as chamadas VoLTE ou chamadas 4G activadas. Indicámosche a continuación os pasos.
Como activar as chamadas VoLTE nun móbil con Android
É moi sinxelo:
1. Vai a Axustes.
2. Busca Redes e Internet ou Conexións.
3. Selecciona Rede móbil ou Tarxetas SIM e redes móbiles.
4. Aí busca Chamadas VoLTE, Chamadas 4G ou similar (o nome exacto varía segundo o fabricante) e activa a opción.
Como activar as chamadas VoLTE nun iPhone
Se tes un terminal con iOS, fai o seguinte:
1. Accede a Axustes.
2. Escolle Datos móbiles.
3. Pulsa en Opcións.
4. Selecciona Voz e datos.
5. Activa a opción VoLTE. É posible que apareza como "4G" ou "5G" coa opción de activar VoLTE.
Esperamos que che guste esta mellora e, como sempre, con calquera novidade iremos informando nas nosas canles habituais.
Fonte da imaxe: Onur Binay