Noticias de TV - Página 3

Noticias de TV

SkyShowtime agora en R, incluído en Ocio TV e Total TV

Non hai mellor maneira de felicitar o Nadal que dando boas novas. E é que acabamos de ampliar os contidos da televisión que che ofrecemos en R incorporando o catálogo de SkyShowtime. A partir de agora, se tes Ocio TV / Total TV en R poderás gozar de blockbusters e series exclusivas.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en outubro de 2024

Chegou outubro e o tempo do outono vaise facendo sentir. Todos pensamos na manta e no sofá para poder gozar da televisión que che ofrecemos en R. Chegan moitas novidades que non non podes deixar pasar. Podes gozar da canle Dark e da súa nova serie Hay algo en el bosque ou dos novos episodios de Evil – T4 na canle Syfy.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en setembro de 2024

Setembro é o mes da volta á rutina, pero tamén dun novo comezo. É o momento perfecto para ver as novas tempadas, as mellores estreas ou as novas series para engancharte. Nas estreas de setembro na televisión que che ofrecemos en R tes variedade e calidade para comezar unha viaxe especial con novos ou vellos coñecidos: chega a primeira tempada de The Walking Dead: Daryl Dixon a AMC ou de The Penguin a MAX; Will Trent volve con novos episodios a Star Channel e Emily en París coa segunda parte da tempada 4 a Netflix.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en xuño 2024

Chega o verán, pero iso non significa que a televisión vaia de vacacións. Todo o contrario, este mes chega cargado de series na televisión da que podes gozar a través de R. Estreamos os novos capítulos de Black Sails - T2 en aberto e dúas novas series: Irreverent e The Blind Detective. Tampouco te podes perder o especial do 80 aniversario do Día D, as 24 horas de Le Mans, a Cocina con vistas al mar ou a nova serie Ariel para os máis peques.