A aventura final do ‘Dragal Challenge’ xa está en marcha. Os 4 equipos que chegaron ata aquí mediranse cara a cara na Alameda de Santiago este sábado 12 de febreiro, dende as 11:00 h. E ti tamén podes seguilo en directo a través da plataforma PetisGo!
Dragaliño está nervioso, pero tamén os equipos finalistas e nós 😉. Estamos desexando coñecer ao gañador deste desafío.
En que consiste o reto final do ‘Dragal Challenge’?
Escondemos 4 ovos de dragón en diferentes puntos da Alameda de Santiago. Cada un dos 4 equipos finalistas contará cun máximo de 5 minutos para atopalos co seu móbil utilizando a Realidade Aumentada a través da plataforma PetisGo!
Gañará o equipo máis rápido que consiga superar os 4 retos e chegue primeiro á basílica de Santa Susana.
Seguro que imos ver máis dunha carreira de infarto.
Sigue a final en streaming en PetisGo!
Vai ser a final do ano, con permiso do Benidorm Fest, e queremos que nos acompañes. Podes ver en streaming dende a plataforma PetisGo! todo o que ocorra en directo no gran taboleiro de xogo da Alameda de Santiago.
Será un programa moi especial no que nos acompañará o noso querido Dragaliño e que poñerá fin a esta grande aventura para controlar ao último dragón de Galicia.
Conéctate á plataforma PetisGo! (versión ordenador, app para Android ou app para iOS) este sábado 12 de febreiro, ás 11:00 h, e non perdas detalle.
Se non podes velo en directo, poderás acceder á gravación da gran final do ‘Dragal Challenge’ en PetisGo!
Quen son os finalistas?
Mariootero, Luciuchi, Emmaotero e Noaac chegaron á gran final despois de varias semanas de desafíos, que, como recoñece o equipo de Mariootero “foi unha competición rifada para conseguir os primeiros postos”.
Pero non poden estar máis satisfeitos, como nos conta o equipo de Luciuchi:
“Foi chulo poder crear os teus retos e descubrir os dos demais, tanto as adiviñas como o ir visitar os sitios para atopar os ovos de dragóns”.
Algo co que tamén queda o equipo de Emmaotero: “coñecer sitios novos coa familia”. E o de Mariootero: “O que máis nos gustou é visitar sitios que non coñeciamos e poder dar a coñecer lugares significativos da nosa contorna. O poder pasar tempo cos nosos fillos sempre é importante”.
Para Luciuchi ten moito valor “poder aprender xogando”. É que o uso da tecnoloxía, como internet ou o móbil axudou: “Algúns sitios témolos realmente preto e non os coñeciamos ou os coñeciamos pouco, e se nos pedisen buscar información por Internet sobre eles, sen máis, os nenos non o houbesen interiorizado igual que o fan xogando”.
Moita sorte a todos!
E despois do ‘Dragal Challenge’...
Este sábado despedímonos de Dragaliño, pero a diversión seguirá en PetisGo!
Porque na plataforma de contidos interactivos que R desenvolveu con cinfo, Sixtema, Xoia e Ficción Producións, atoparás unha forma diferente de aprender e entreterte como nunca antes o facías: ver vídeos en 360º, entrar en escenarios de realidade virtual, xogar á realidade aumentada ou seguir en directo talleres e outros eventos.
Precisamente, dentro de moi pouquiño os peques da casa poderán dar renda solta á súa creatividade e imaxinación creando vídeos en PetisGo! Estade atentos para coñecer máis detalles dos obradoiros PetisGo!