Quecheparece - Página 8

Quecheparece

Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025: programa, concertos...

O Asalto ao Castelo 2025 recrea un ano máis as revoltas Irmandiñas, convertendo Vimianzo no epicentro da festa do 4 ao 5 de xullo. O outro prato forte son os concertos do festival ou a cea medieval. Contámosche todo o programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025 para que goces desta festa de interese turístico de Galicia.

Quecheparece

Peaxes Galicia 2025: táboa de prezos da AP-9, descontos...

Se viaxas en coche pola AP-9, entre Ferrol e Tui, interésache saber o prezo das peaxes Galicia 2025. Recompilamos a táboa de prezos de peaxes Galicia para que coñezas as tarifas por tramos e así saibas canto custa a peaxe Vigo A Coruña ou a peaxe A Coruña Santiago en 2025. Ademais, contámosche os descontos na AP-9 se pagas con Vía-T.

Quecheparece

Festa do Banquete de Conxo 2025: programa, horarios…

O barrio compostelán de Conxo vístese de gala para celebrar a Festa do Banquete de Conxo 2025, do 23 ao 25 de maio. Unha parte importante da festa son os traxes de época. Poderemos admiralos na praza Aurelio Aguirre e na Carballeira do Banquete de Conxo, onde se realiza a representación teatral o domingo, día grande da festa; que continúa con comida popular foliada e romaría cos brindes da veciñanza.

Quecheparece

Festas da Ascensión de Santiago 2025: programa, datas…

Se buscas en Internet as cousas imprescindibles para coñecer ben Santiago, sempre haberá unha que te mandará ir comer o polbo nas festas da Ascensión de Santiago 2025 na Alameda, do 28 de maio ao 1 de xuño. Aínda que as festas máis coñecidas da capital de Galicia son as do Apóstolo, as festas da Ascensión poden considerarse as festas por excelencia para os que queiran vivir o verdadeiro Santiago. Contámosche todo o programa das festas da Ascensión en Santiago 2025 para que non perdas detalle.

Quecheparece

Festas de Santa Rita Vilagarcía 2025: programa, concertos...

As Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa son un dos eventos máis populares da comarca do Salnés e de Galicia. En 2025 celébranse do 21 ao 25 de maio. Dámosche toda a información sobre o programa de Santa Rita Vilagarcía 2025, as misas e a procesión, a Feira Celta e os concertos das festas.

Quecheparece

Volven os monólogos en R 2025!

Gustaríache escoitar a Carlos Blanco falar sobre momentos do día a día? Seguro que si, e por ese motivo, Carlos sobe aos escenarios co seu novo espectáculo "A penúltima". Xa están aquí os monólogos R 2025! Contámosche onde e cando son os monólogos para clientes de R deste ano.