Quecheparece - Página 18

Quecheparece

Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025: programa, concertos...

O Asalto ao Castelo 2025 recrea un ano máis as revoltas Irmandiñas, convertendo Vimianzo no epicentro da festa do 4 ao 5 de xullo. O outro prato forte son os concertos do festival ou a cea medieval. Contámosche todo o programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025 para que goces desta festa de interese turístico de Galicia.

Quecheparece

Festa dos Maios: como se celebra en Ourense, Pontevedra, Redondela...

A chegada da primavera celébrase en Galicia coa festa dos Maios. O día 1 de maio, ou o primeiro domingo de maio no caso de Ourense, saen á rúa os maios, unhas figuras de madeira adornadas con flores, follas ou froitas. Ao seu arredor cántanse as coplas dos maios que satirizan sobre algún tema de actualidade. Os máis famosos son os maios en Ourense, pero tamén se celebran os maios en Pontevedra e os maios en Redondela. Contámosche cando e como son estes maios en Galicia.

Quecheparece

Concurso: que provincia de Galicia es?

Queres saber que provincia de Galicia es? Entra no noso test e descubre se a túa personalidade encaixa máis en Lugo, Pontevedra, Ourense ou A Coruña. Ademais, ao contestar o test entras nun concurso onde regalamos camisetas de Nikis Galicia. Participa xa!