Blog Mundo R - Página 24

Xente R

Desembarco Viquingo de Catoira 2023: datas, programa...

Elixir unha festa á que ir en Galicia en pleno verán é misión imposible. Cada fin de semana hai verbenas e celebracións por todas partes. Pero se hai que seleccionar unha en pleno mes de agosto, pola súa vistosidade e pola súa historia, sen dúbida, sería o Desembarco Viquingo de Catoira. Toda unha vila que se caracteriza para escenificar as invasións viquingas que sufriu a vila hai séculos.

Xente R

Mercado Medieval de Mondoñedo 2023: datas, programa, actividades…

Mondoñedo revive o seu pasado medieval cada verán, durante a segunda fin de semana de agosto, nunha Festa de Interese Turístico, que é das máis antigas deste tipo. Non perdas o Mercado Medieval Mondoñedo 2023, do 11 ao 13 de agosto, e goza dos postos de gastronomía e artesanía, da cea medieval, da voda polo rito mozárabe, do gran torneo medieval...

Quecheparece

Carné internacional de conducir: toda a información

É verán e o que máis ou o que menos xa ten as vacacións programadas. Dende pasar uns días nunha praia paradisíaca ata facer unha ruta en coche e perderse por calquera país. Se a túa opción é a segunda, debes ter moito coidado cos permisos de conducir. Tanto se vas utilizar o teu coche como un de aluguer, interesarache saber que requisitos son necesarios para conducir no estranxeiro, documentación e permisos.

Quecheparece

Cales son os mellores drons para nenos/as?

Os drons convertéronse nun dos agasallos preferidos por nenos/as e non tan nenos/as. No caso dos máis peques, cal é o máis apropiado para eles/as? Contámosche máis sobre características e que beneficios achega o seu uso e mesmo preparamos unha pequena selección de drons perfectos para menores.

Quecheparece

Como solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea

Non deixes que un imprevisto médico chafe as túas vacacións por Europa e solicita a túa Tarxeta Sanitaria Europea. Con ela aseguraraste de recibir asistencia médica alá onde vaias. Nesta guía atoparás a información sobre como se utiliza, a súa solicitude e renovación, canto tardas en recibir a tarxeta física e en que países ten validez.

Móbil R

Pasa as túas fotos do móbil ao ordenador de forma rápida e sinxela

Os nosos móbiles xa son imprescindibles na nosa vida diaria. Usámolos para todo. Gardar ficheiros do traballo, sacar fotos, almacenar documentos. Sen darnos conta, todos os nosos momentos do día a día están nos nosos smartphones. E que pasa cando enchemos a súa memoria? Pois temos que facer sitio. Para que este proceso sexa sinxelo e rápido, ensinámosche como pasar as túas fotos e ficheiros ao teu ordenador.

Quecheparece

Fibra óptica en Allariz: cobertura e como contratar

Os/as veciños/as de Allariz gozan dende sempre do seu benquerido río Arnoia. E dende agora, outro deleite vaise incluír tamén no seu día a día, porque dispoñen xa da mellor rede de fibra do mercado para navegar a máis velocidade, con maior cobertura e seguridade e cos contidos das súas pelis e series favoritas en calidade 4K.