Hoxe en día podemos atopar nomes que están presentes na nosa terra, e que, ademais, son recoñecidos por grandes culturas e en diferentes partes do mundo. Iso é o que ocorre co nome galego de neno Abrán. Cando se menciona a este nome estamos a facer referencia a un nome moi ligado á relixión católica.

Orixe do nome de Abrán

Para esclarecer a orixe do nome de Abrán hai que partir da base de que é a variante do nome de Abrahán. A súa procedencia sitúase no hebreo e vén das palabras Abrah ou Abram.

Doutra banda, na súa orixe tamén destaca o personaxe de Abraham, que é unha das figuras máis rechamantes do libro de Xénese por ser o primeiro patriarca que deixou atrás a cidade de Ur para pasar a vivir en Palestina. Este personaxe é moi recoñecido en moitas relixións monoteístas.

Con todo, a variante Abrán non é moi popular, pois tan só hai unhas 30 persoas que levan este nome, e a súa media de idade de 24 anos. Pero, no que respecta ao nome de Abraham, hai preto de 15.000 homes que o teñen ou os case 2.000 coa variante Abrahán.

Significado do nome de Abrán

Ao nome de Abrán asócianselle dous significados moi directos e similares que son “pai excelso” e “pai de moitos”. Este factor achega unha prestancia ao nome que contribuíu a asentalo e a popularizalo.

Onomástica do nome de Abrán

Os homes que se chaman así celebran o seu santo o día 9 de outubro. Ademais, trátase dun día moi especial para os crentes católicos porque están a conmemorar a un dos patriarcas máis relevantes da Biblia.

Homes co nome de Abrán

A día de hoxe non é sinxelo atopar a homes famosos que teñan o nome de Abrán debido ao escaso número de persoas que se chaman así. Pero a distinción deste nome déixase ver en que hai figuras destacadas que teñen como nomee a variante orixinal de Abraham.

  • Abraham Lincoln: ex presidente dos Estados Unidos
  • Abraham García: cociñeiro español
  • Abraham Olano: ex ciclista español

Como se escribe o nome de Abrán noutros idiomas

Abrán é un nome coñecido polas grandes culturas e relixións que predominan no mundo occidental. Polo tanto, ten variantes e traducións en diferentes idiomas. Neste sentido predomina a variante Abraham.

Idioma Tradución
Catalán Abraham
Alemán Abraham
Inglés Abraham
Lituano Abraomas
Portugués Abraão
Romanés Avraam