Todos temos redes sociais. Non só unha. Seguro que ti, que nos estás lendo, tes polo menos tres ou catro e que usas a diario, ou case. Facebook, Instagram, Twitter, TikTok,... Chegaron para quedarse e é difícil vivir á súa marxe. Hoxe presentámosche a varios influencers galegos que teñen éxito nas redes sociais en 2024 e que fan delas o seu traballo diario.

Todos, nalgún momento, fantaseamos con poder vivir subindo contidos ás redes. E tendemos a pensar que os influencers tardan tanto en crear contido coma nós. Nada máis lonxe da realidade. Conseguir o éxito nas redes sociais é un traballo duro e constante. Se por algo se trunfa (e se pode chegar a vivir diso) é porque se vive por e para as redes. Estes influencers que seleccionamos son un exemplo de que en Galicia tamén se pode vivir das redes sociais.

Xurxo Carreño: 7 millóns en TikTok e 4,1 millóns de seguidores en Instagram

Influencers Galicia

Este ourensán era xogador de balonmán e comezou a subir vídeos case por casualidade, ata conseguir un millón de seguidores en Instagram e TikTok grazas ao seu peculiar humor.

Todo comezou no Nadal de 2016, cando os seus pais lle regalaron unha guitarra. Iso non funcionou e comezou a ver que en YouTube había un americano que facía humor dobrando vídeos bromistas e, aínda que non entendía nada, pareceulle gracioso. Así que el decidiu dobrar tamén vídeos, con distintas voces e co seu peculiar humor como bandeira… ata o día de hoxe.

Wismichu: 3 millóns de seguidores en Instagram

Influencers Galicia

Ismael Prego Botana, de 29 anos, coruñés, máis coñecido como Wismichu, é un dos youtubers máis famosos de España. A provocación é a arma que máis emprega para conquistar o público. E non lle está indo nada mal, xa que acumula 3 millóns de seguidores en Instagram e 9 millóns en YouTube.

Alexandra Pereira: 2,3 millóns de seguidores en Instagram

Influencers Galicia

No top influencers de Galicia está Alexandra Pereira. Se o seu nome non che soa ao principio, é porque a coñecerás como "Lovely Pepa". Esta viguesa comezou hai máis de 10 anos cun blog e agora é un referente na Rede polos seus contidos relacionados coa moda.

Dende que publicou a primeira entrada no seu blog pasou moito tempo e traballo, pero agora converteuse nunha marca pola que se pelexan empresas como Chanel, Fendi ou Celin e mesmo se subiu á pasarela nun desfile Dolce & Gabbana.

El Xokas: 3,9 millóns en Twitch e 2,29 millóns de seguidores en Youtube

Influencers Galicia

É considerado o streamer máis valorado e máis grande en relación co World of Warcraft. A súa experiencia e dominio neste videoxogo elevouno a ser o gran referente que é hoxe nas redes.

Máis dun millón de seguidores en Instagram e máis de 3 millóns en Twitch. Onde queira que vaia arrasa. Gañou o premio ESLAND no 2021, recibindo o título de "Streamer revelación do ano". Ademais, en xaneiro do 2022, bateu un récord de espectadores ao reunir 1,2 millóns de persoas seguindo o minuto a minuto da súa participación nos "SquidCraft Games".

Gala González: 1,7 millóns de seguidores en Instagram

Influencers Galicia

Comezou a súa carreira na industria téxtil traballando para Adolfo Domínguez. Agora, Gala González é unha das empresarias máis coñecidas do noso país. Cando se uniu a Adolfo Domínguez como deseñadora creativa da súa nova liña, seguramente non pensou que sería unha das grandes instagramers galegas da moda, pasando do millón de seguidores en Instagram.

Eva Porto: 849.000 seguidores en Instagram

Influencer gallega Eva Porto

Eva Porto viu unha oportunidade e foi directa a por ela. As redes sociais son cada vez máis utilizadas para buscar traballo e aí chegou Eva. Licenciada en Psicoloxía e cun máster en Recursos Humanos, esta coruñesa converteuse na influencer laboral con máis seguidores en Instagram e Tiktok.

A partir da súa experiencia en procesos de selección, Eva ofrece consellos sobre como causar boa impresión nas empresas, en todos os ámbitos. Dende como facer un bo currículo ata como responder a entrevistas de traballo. Unha información que, vendo os seguidores que ten, debe ser moi valiosa. O seu perfil xa o di: "Obtén o traballo que queres".

Mandayo: 821.000 seguidores en TikTok

Influencers gallegos Mandayo

O coruñés Miguel Mandayo Lagoa ten 22 anos, xoga ao fútbol no Victoria CF e estuda Terapia Ocupacional. Parece un mozo normal, se non fose porque ten case un millón de seguidores en TikTok.

Vive das redes sociais, sube un ou dous vídeos ao día a TikTok e Instagram e di que todo o que publica son cousas da súa vida diaria, tanto da súa faceta futbolística como da súa gracia natural para facer gags. Segundo el, os seus favoritos son os que parodian a vida estudantil, e os contrastes que hai entre estudar bacharelato e ser universitario.

Grazas ás redes, agora traballa cunha axencia de representación de influencers que o pon en contacto con marcas e a través da cal colabora noutros traballos, como no programa "Malicia Noticias" da TVG.

Rebeca Stones: 776.000 seguidores en Instagram

Influencer Galicia Rebeca Stones

Con tan só 24 anos, a viguesa Rebeca Stones arrasa nas redes, con case un millón de seguidores en YouTube, pero tamén nas librarías, pois xa leva publicados cinco libros.

O seu contido é moi diverso, dende viaxes, ata moda ou literatura. Pero as súas redes tamén están cheas das cousas máis mundanas do seu día a día: o proceso de escritura, a súa vida en parella, as súas viaxes persoais ou mesmo ensina como reforman a súa casa.

Orslok: 690.000 seguidores en Youtube

Influencers gallegos Orslok

O betanceiro Germán García Carros, máis coñecido como 'Orslok', comenzou a súa carreira como youtuber falando de todo o que rodea ao mundo dos videoxogos. Hai anos era un dos referentes xunto a Míster Jagger ou El Rubius.

Pero chegou a pandemia e o influencer galego soubo aproveitala. Pasou de retransmitir vídeos en directo en Youtube a compoñer e gravar os seus propios temas musicais de hip-hop ou estilos similares. A día de hoxe, aos seus case 30 anos, Orslok ten unha lexión de fans en Youtube e X e xa publicou máis de 10 temas musicais e ata chegou a gravar un EP.

Cristina Cerqueiras: 648.000 seguidores en Instagram

Influencers Galicia

Cristina Cerqueiras naceu en Boiro e a fama chegoulle despois de abrir o seu blog en 2013. Traballou como camareira e, tras pasar un tempo no paro, comezou a amosar os seus looks e a colaborar con marcas ata que no 2014 puxo en marcha a súa propia marca. Con "The Desire Shop" Cristina cumpriu o seu soño de vivir da moda, traballando como deseñadora e manequín das súas propias creacións.

Os seus 545.000 seguidores en Instagram, onde comparte as súas campañas con marcas como Clarins ou Gisèle Denis, son unha proba do seu éxito, baseado en confiar no seu propio criterio e ser valente. Sen dúbida, unha das instagramers galegas a seguir.

Michael Chenlo: 520.000 seguidores en Instagram

Influencers Galicia

Michael Chenlo gañou a súa fama cun perfil peculiar en Instagram. As súas fotografías, cheas de efectos especiais, amosan situacións irreais nas que ás veces participa en primeira persoa. Este interesante influencer de Galicia combina o seu arriscado contido visual coa súa paixón polos festivais, dos que saca interesantes e particulares estilos para cada evento e compárteos nas súas redes.

Coñecido en Instagram como “Michenlo”, este mozo de Valga adoita estar en multitude de festas, nas que se relaciona con outros personaxes coñecidos das redes sociais.

Tamara García: 508.000 seguidores en TikTok

Influencer gallega Tamara GarcíaToda influencer soña con que algún día poida crear un vídeo que se faga tan viral que os seus seguidores se multipliquen ata o inimaxinable. Iso pasoulle a Tamara García.

Un vídeo que subiu no 2020 despois de sair do dentista cambiou a vida de Tamara, xa que a anestesia acababa de paralizarlle a metade da súa boca. O seu humor e a súa gracia natural catapultárona á fama. Dende entón, a influencer galega dedicouse ás redes sociais, especialmente TikTok e Instagram, subindo situacións cómicas e parodias, como a de Georgina, unha das súas últimas sensacións.

Silvia García: 440.000 seguidores en Instagram

Influencers Galicia

Silvia García é actualmente unha das blogueiras de moda máis seguidas de España. O éxito venlle pola creación de contidos para as redes sobre como comprar roupa cun orzamento reducido. Coñecida en Instagram como “Barbatacmode”, Silvia é a creadora de “Bartabac”, un dos 5 blogs de moda máis seguidos de España, con 30.000 visitas diarias.

Ademais, Silvia ten a súa propia marca de roupa e de complementos "A Bicyclette", que xa está presente en 5 países. Tamén desenvolveu a súa faceta de escritora cun libro titulado “Bartabook”, onde fala de propostas para diferentes destinos e estilos, así como de consellos sobre beleza e moda.

Carolina Iglesias: 395.000 seguidores en Instagram

Influencer gallega Carolina Iglesias

Nacida en Oleiros, Carolina Iglesias converteuse nunha das cómicas con máis proxección de toda España. Ten éxito en todo o que fai, dende a súa canle de YouTube Percebesygrelos, ata os seus monólogos ou colaboracións televisivas.

É tan versátil e desprende tanta naturalidade que pode coordinar a charla do chat do programa de televisión “Operación Triunfo”, ademais de escribir un libro ou colaborar nun programa de radio (fíxoo, por exemplo, en “Yu, non te perdas nada”, con Dani Mateo). Hoxe o seu podcast Estirando el Chicle é un dos máis premiados de todo o panorama nacional.

Por todo isto está no top influencers de Galicia.

Paola Freire: 330.000 seguidores en Instagram

Influencers Galicia

Chámase Paola Freire, pero nas redes sociais probablemente a coñezades máis como “Foodtropia”. Esta avogada coruñesa deixou o dereito a un lado para dedicarse á súa paixón: a cociña. Máis de 400.000 persoas seguen cada día todas e cada unha das súas publicacións para tentar imitar cada prato que sube a Instagram.

Se queres comer rico e saudable, non podes perder as receitas e propostas culinarias de "Foodtropia".

Enrique Dans: 261.000 seguidores en Twitter

Influencers Galicia

Este coruñés arrasa en Twitter e leva anos traballando na súa marca persoal en diferentes redes sociais. As súas publicacións e análises sobre os movementos de Facebook, as previsións sobre o futuro de Instagram ou a relevancia que pode ter TikTok no futuro son lidas con atención por millóns de persoas.

Enrique Dans ten un blog moi popular porque é un gran divulgador. No seu blog escribe un post ao día sobre novas tecnoloxías, privacidade, cambio climático, redes sociais...

Estes influencers galegos son referentes de éxito, nas súas disciplinas, nas redes sociais. Non todos poden ter éxito nin destacar, xa que non existe unha única clave para o éxito.

Se queres seguir o seu camiño, o primeiro paso que tes que facer é seguilos e analizar ben as súas redes. Se a túa ilusión ou soño é ser influencer, tes que comezar a aprender dos mellores.