Se o fútbol é o deporte rei , en Galicia temos dous equipos que son os nosos referentes: o Celta de Vigo e o RC Deportivo. Todas as xornadas estamos pendentes da súa marcha, de como soben ou baixan na clasificación e, sobre todo, dos noventa minutos de xogo que nos fan vivir e gozar ao máximo.
Se ti es futboleiro, xa sexas celtista, deportivista ou de calquera outro equipo, en R contamos con varias opcións para que esta tempada 2025 – 2026 teñas na túa televisión o mellor fútbol galego.
LALIGA EA SPORTS en R
Empezamos por LALIGA EA SPORTS. Arrinca outro ano ilusionante para o Celta de Vigo. Os de Iago Aspas e Borja Iglesias tentarán dar o máximo e celebrar grandes vitorias.
Queres ver os partidos de LALIGA EA SPORTS? Poñémoscho fácil cun novo paquete de fútbol de DAZN en R a un prezo que non o vas crer. Que inclúe? Ofrecémosche 5 partidos de Primeira División por xornada, en 35 das 38 xornadas.
Lembra que este ano DAZN tamén emitirán un partido en aberto por xornada. Más fútbol, máis emoción!
Paquete de fútbol DAZN en R
Só pagas 10€/mes durante un ano polo paquete de fútbol de DAZN a través de R. Si, como o les, moito menos do que pensabas!
E hai máis: en R engadimos dúas novas canles para que vexas os partidos de DAZN sen leas. Só tes que ir aos diais 114 e 115 e aí estarán os partidos de cada xornada.
Así que xa sabes, este ano non hai escusas para perder a emoción de LALIGA EA SPORTS en DAZN, e todo a través de R!
LALIGA HYPERMOTION
Se o teu é o Deportivo, entón interésache a canle LALIGA HYPERMOTION. Os clientes de R poderán seguir ao equipo branquiazul dunha forma moi sinxela e en directo.
Todos os partidos de LALIGA HYPERMOTION en R emitirémolos nas canles 115, 116 e 117. Así que se es dos que anima ao Dépor e quere ver os goles de Yeremay ou de David Mella, pódelo facer desde o sofá da túa casa. Entra na tele de R e listo, a gozar! O mellor? Esta canle vén incluído por defecto na opción TV Total, que podes contratar sen permanencia.
Este ano poñémoscho fácil: bo fútbol, novas canles, flexibilidade total e un prezo que non se discute. Así si que dá gusto ver o fútbol galego!
Lembra, se es do Celta tes DAZN e se es do Deportivo contas coa canle de LALIGA HYPERMOTION. En R e a través do teu mando, nunha canle específica.