Un total de 462 novos inmobles dos núcleos de Casal, Gándara, Espaín, Balteiro, Laxe, Agueiro, Rebullón, Cerdedelo e Regomil, en Mos (Pontevedra) xa teñen acceso á nova rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) que estamos a modernizar nas catro provincias galegas.
Grazas a esta despregadura, os veciños desta localidade xa poden dispoñer de accesos simétricos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas, gozar de maior cobertura coa tecnoloxía wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.
Despregadura de rede
Quizais lembres que R xa acometera en meses anteriores outras despregaduras das nosas redes nos núcleos de Atín, Casal, Campo de Eiro, Rebullón, Gándara, Zapateira, Laxe, Iglesia Balteiro, Sobrado, Bosende e Cotiño. En total, conectáronse ás nosas redes avanzadas unhas 1.125 vivendas e empresas de Mos.
Agora terminamos outro tramo da despregadura da nosa rede de fibra neste concello da Ría de Vigo, aproveitando ao máximo as infraestruturas destes núcleos, onde quedaron conectados eses máis de catrocentos sesenta fogares e negocios.
Así, cando terminen as despregaduras enmarcadas no vixente Plan Avanza no que traballamos neste momento, arredor de 2.784 fogares e negocios xa quedarán unidos á nosa modernísima rede de fibra no concello de Mos. Aos inmobles incorporados no contexto do plan do Ministerio haberá que sumarlles os conectados a través doutros traballos de desenvolvemento de rede que tamén estamos a realizar na zona dende hai anos.
O sur da provincia de Pontevedra suma máis fibra
Como sabes, Mos é un concello situado entre Vigo, Ponteareas e O Porriño.
Do seu rico patrimonio artístico destacan os chamados ‘petos de ánimas’ (pequenos santuarios en camiños ou encrucilladas), ademais de coidadas igrexas e multitude de cruceiros.
Tamén é indubidable a súa riqueza natural. A Serra do Galleiro é un dos mellores miradoiros naturais de toda a provincia de Pontevedra. Nela nace o Regato de Chenlo, que termina nunha fervenza de case 30 metros de alto, formando a Fervenza de San Xoán de Chenlo.
Por Mos pasa tamén unha antiga calzada romana que unía Bracara Augusta con Tui e Santiago, paso habitual de peregrinos/as que camiñan á tumba do Apóstolo. Aos pés deste vial sitúase o histórico Pazo de Mos, hoxe convertido en Fundación de interese galego.
Historia e desenvolvemento tecnolóxico únense agora en Mos grazas a R, con novos fogares e negocios conectados á nosa moderna rede de fibra óptica, que pode ofrecer accesos simétricos de ata 10 xigas.
Que vantaxes ten a fibra óptica FTTH de última xeración de R?
A transformación desta nova rede permite alcanzar unha cobertura óptima dos nosos servizos nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Esta nova rede dáche moito máis, por iso a chamamos fibra MAX.
Consulta aquí se chega fibra MAX á túa casa.- Tecnoloxía baseada no estándar XGS-GPON: preparada para simultanear tarefas de formación, teletrabajo, gaming, streaming ou videochamadas. Este estándar permite alcanzar velocidades simétricas de ata 10 xigas, é dicir, 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual, e 8 veces máis de capacidade de subida.
- Wifi 6 para maior cobertura: a mellor tecnoloxía wifi do mercado, con sistema “dual band” ou frecuencia dual e selección de banda intelixente que chega a todos os recunchos do fogar. Trátase dun novo estándar de transmisión sen fíos: a “sexta xeración” wifi, máis eficiente en cobertura, máis rápida, máis segura (WPA3), con menor gasto enerxético, menos interferencias e unha xestión óptima en ata 200 dispositivos á vez.
Cambiámosche o equipamento de forma gratuíta
Se es cliente de R en Casal, Gándara, Espaín, Balteiro, Laxe, Agueiro, Rebullón, Cerdedelo ou Regomil (Mos) contactaremos contigo para cambiarche gratuítamente o equipo. Así poderás disfrutar de WiFi 6 e decodificador Android 4K, que integra Netflix e Amazon e a posibilidade de instalar apps e xogos en calidade 4 veces maior que o HD.
Estamos a despregar a nova rede FTTH en toda Galicia
Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregamento da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración.
Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que en R estamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Mos enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas nosas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
Imaxe de Concello de Mos: Fundación Pazo de Mos.