Máis de 200 novos inmobles dos núcleos de Piquetes, Campo das Bestas, Galisteo e O Portelo, en Gondomar (Pontevedra), xa teñen acceso á nova rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) que estamos a modernizar nas catro provincias galegas.
Grazas a esta despregadura, os veciños destas localidades xa poden dispoñer de accesos simétricos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas e gozar de maior cobertura coa tecnoloxía wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.
Despregadura de rede
Vimos de rematar outro treito das tarefas de despregadura da nosa rede de fibra en Gondomar e desta volta quedaron conectados máis de 200 inmobles aproveitando ao máximo as infraestruturas dos devanditos núcleos.
Cando rematen as accións de desenvolvemento de rede enmarcadas no vixente Plan Avanza no que estamos a traballar a día de hoxe, arredor de 2.900 fogares e negocios teranse unido xa á nosa modernísima rede de fibra en case 70 núcleos do concello de Gondomar. Entre eles figuran Os Amados, O Barreiro, Piñeiro, Carasquedo de Abaixo, A Rochela, As Vendas, Vilarés, A Igrexa, Fontenla ou Areíña, por mencionar só algúns deles.
Ademais do Plan Avanza, levamos tempo investindo na extensión de rede propia en Gondomar a través doutras accións e, así, nestes momentos xa dispoñen da cobertura de R preto de 2.750 fogares e empresas do concello.
Máis rede de fibra óptica FTTH para o suroeste de Galicia
Gondomar atópase entre viñedos de Val Miñor.
Neste concello está o Monte do Galiñeiro, un dos cumes máis altos das Rías Baixas, que conta con dólmenes, a necrópole de Chan de Prado, os Petróglifos de Regodauga e o Castro de Pedra Moura.
Agora, Gondomar dá un paso máis no seu desenvolvemento tecnóloxico con novas conexións á rede de fibra óptica FTTH de R.
Que vantaxes ten a fibra óptica FTTH de última xeración de R?
A transformación desta nova rede permite alcanzar unha cobertura óptima dos nosos servizos nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Esta nova rede dáche moito máis, por iso a chamamos fibra MAX.
Consulta aquí se chega fibra MAX á túa casa.- Tecnoloxía baseada no estándar XGS-GPON: preparada para simultanear tarefas de formación, teletrabajo, gaming, streaming ou videochamadas. Este estándar permite alcanzar velocidades simétricas de ata 10 xigas, é dicir, 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual, e 8 veces máis de capacidade de subida.
- Wifi 6 para maior cobertura: a mellor tecnoloxía wifi do mercado, con sistema “dual band” ou frecuencia dual e selección de banda intelixente que chega a todos os recunchos do fogar. Trátase dun novo estándar de transmisión sen fíos: a “sexta xeración” wifi, máis eficiente en cobertura, máis rápida, máis segura (WPA3), con menor gasto enerxético, menos interferencias e unha xestión óptima en ata 200 dispositivos á vez.
Cambiámosche o equipamento de forma gratuíta
Se es cliente de R en Piquetes, Campo das Bestas, Galisteo e O Portelo contactaremos contigo para cambiarche gratuítamente o equipo. Así poderás disfrutar de WiFi 6 e decodificador Android 4K, que integra Netflix e Amazon e a posibilidade de instalar apps e xogos en calidade 4 veces maior que o HD.
Estamos a despregar a nova rede FTTH en toda Galicia
Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración.
Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que en R estamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Gondomar enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas nosas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
Imaxe de Concello de Gondomar: vista de Gondomar.