Esta vez, 105 novos inmobles do núcleo das Gruncheiras, en Cangas do Morrazo, poden dispoñer dos servizos de telecomunicacións máis innovadores e de posibles accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4 K sen ningún custo adicional.
Despregadura de rede
R terminou recentemente outro tramo das tarefas de despregadura da súa rede de fibra en Cangas, aproveitando ao máximo as infraestruturas do lugar.
O operador galego xa acometera hai meses no municipio o desenvolvemento das súas redes nos núcleos de Boubeta, Herbello e Gandón onde daquela se conectaran ás redes avanzadas de R outro cento de vivendas e empresas deste concello da Ría de Vigo.
Ao final dos traballos do Plan Avanza, 951 fogares e negocios teranse unido á súa modernísima rede de fibra en Cangas, aos que lles hai que sumar os incorporados noutras accións de despregadura, co que o municipio do Morrazo contará deseguido cun total de máis de 8.000 inmobles preparados para recibir os servizos avanzados de telecomunicacións de R.
Máis fibra para a comarca do Morrazo
Situado na Península do Morrazo, Cangas é un dos concellos máis visitados das Rías Baixas. Boa parte do seu atractivo radica nos seus numerosos areais, como a Praia de Melide, situada no Espazo Natural Protexido Dunas de Barra e Costa da Soavela. Porque en Cangas mesmo as praias contan con interesante patrimonio arqueolóxico, como as ruínas do século XVIII que se atopan na Praia de Temperáns.
Na costa de Cangas figuran tamén numerosos faros e miradoiros, entre os que destaca Cabo Home, punto estratéxico para gozar de espectaculares atardeceres e observar as illas Cíes.
Xa no interior, Cangas ten dólmenes, castros e mesmo petróglifos tan recoñecidos comos os Labirintos de Mogor. Nas súas rúas hai igrexas, prazas e as 'Casas de Patín', típicas dos mariñeiros.
Ademais, Cangas non esquece a súa historia, mantendo a tradición das súas danzas ancestrais, declaradas de Interese Turístico Galego.
E agora Cangas suma máis inmobles e negocios conectados á rede de fibra óptica de R.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Cangas enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
A rede máis rápida do mercado para os/as clientes/as de R
Os/as clientes/as de R dos núcleos de Cangas do Morrazo conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.
A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming… etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de subida.
Cambio de equipos gratuíto e 5G
A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R son avisados/as e informados/as dos pasos que deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.
Cando en 2022 se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que R desprega dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
Imaxe de Concello de Cangas: vista de Cangas.