Queremos compartir contigo un fito que nos fai especial ilusión. Pechamos o ano traspasando a fronteira do millón de residencias particulares e empresas galegas que poden a día de hoxe conectarse á rede de fibra óptica de R.

En R levamos 20 anos cavando gavias, removendo terra e asfalto para chegar ao teu fogar, á túa tenda, bar, nave ou alí onde nos precises. O resultado son 134 concellos galegos conectados ás redes de nova xeración de R, con accesos a internet de ata 500 megas entre outros servizos avanzados.

Máis dun millón

R pecha 2019 cuns 808.000 fogares e 194.000 negocios conectados á súa rede de fibra óptica, superando así o fito do millón cun total de 1.002.000 residencias particulares e empresas preparadas para recibir os servizos de última xeración do operador galego.

Parellamente, cun investimento que supera os 1.300 millóns de euros para despregar esa rede avanzada en Galicia ao longo de dúas décadas, 134 concellos da comunidade están a día de hoxe en disposición de recibir os servizos de R e arredor de 300.000 clientes, entre residenciais e empresas, desfrutan nestes momentos de accesos a internet de ata 500 megas e doutros servizos avanzados.

A fibra óptica de R por núcleos

Se queres, podes comprobar neste mapa os núcleos nos que xa temos despregada rede de fibra óptica neste momento en Galicia:

65.000 novos fogares e empresas

R desenvolve arestora varios proxectos das adxudicacións do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación do Ministerio de Economía e Empresa co que se promove o despregamento de FTTH ("fibra ata o fogar") nas chamadas "zonas brancas", é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Cando se completen os despregamentos dos proxectos do Plan PEBA-Plan Avanza adxudicados a R en 2016 e 2018, o investimento total realizado -tanto en novas localidades coma nas que xa había rede de R- acadarán os 18 millóns de euros, cofinanciados polos fondos FEDER da Unión Europea a través do devandito programa.

En virtude das adxudicacións de 2016, cun investimento de 8 millóns de euros, arredor de 33.000 fogares e negocios das "zonas brancas" uniranse a ese millón longo dos que hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. A maiores, outras 32.000 residencias particulares e empresas quedarán igualmente conectadas ás redes de nova xeración de R ao remataren as actuacións dun segundo plan PEBA-Avanza adxudicadas ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa o ano pasado para tamén achegarlles a tecnoloxía FTTH a diversas zonas da xeografía galega que nunca dispuxeran de accesos ultrarrápidos. Estes despregamentos, cun investimento adicional de 10 M€, están subvencionados así mesmo polos Fondos FEDER da Unión Europea. Desta maneira, ao remate de ambos os dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 novos fogares e negocios quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

A fibra de R chega a máis dun millón de fogares e empresas

Ata 500Mb e servizos avanzados nunha vintena de novas localidades

Froito de todos estes traballos, só en 2019 poden acceder á rede de R a velocidades de ata 500 megas fogares e empresas de núcleos de 11 novos municipios galegos, aos que lles hai que sumar outra decena deles conectados en 2018. Así, na provincia da Coruña R levou recentemente as súas redes de nova xeración aos concellos de Abegondo, Cerceda, Muros, Camariñas, Ortigueira, Curtis ou Porto do Son. En Lugo, a Lourenzá, Monterroso, Palas de Rei, Barreiros e Guitiriz. Na provincia ourensá conectáronse á rede de fibra de R núcleos dos municipios de Petín e Pobra de Trives e en Pontevedra, os de Ribadumia, Meaño, Cuntis, Ponte Caldelas, O Rosal, Tomiño ou Moraña.

Por outra banda, R aumentou a súa presenza noutros municipios onde xa estaba coa súa rede de fibra como Miño, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Ferrol, Neda, Poio (Combarro), Pontevedra, Vigo, A Guarda, Ordes, Santiago de Compostela, San Cibrao das Viñas, Arteixo, Nigrán, Vigo, Cervo, Sanxenxo, Redondela, Mugardos e Boqueixón. E as previsións falan doutros despregamentos en 2020, en núcleos dos municipios de Cariño, Muxía, Antas de Ulla, Valga e Vilaboa.

Ademais deses accesos a internet con megavelocidades garantidas, as zonas activadas poderán desfrutar tamén do desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R serán quen de aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto, cunha atención ao cliente sempre dende Galicia.

20 anos despregando rede para Galicia

Entre os anos 1999 e 2010 R desenvolveu un proxecto de construción dunha nova rede de telecomunicacións por fibra óptica en Galicia. A extensión de redes de nova xeración comenzou en 2010, despois de que R resultase adjudicataria dunha subvención da Xunta de Galicia para unha actuación que pretendía dotar das tecnoloxías máis avanzadas a zonas espalladas e de difícil acceso na comunidade: o Plan de Banda Larga 2010-2013.

Posteriormente, o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mb para a totalidade da poboación e de impulsar a contratación nos fogares de servizos de alta velocidade por riba dos 100Mb. Dentro dese programa enmárcase o Plan de Polígonos do PDBL 2020, cofinanciado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR). R completou, co devandito Plan de Polígonos, o despregamento da súa rede en 81 recintos empresariais da comunidade de xeito que, en 2018, un total de 130 polígonos (case o 93% da superficie empresarial ocupada), disponían xa de accesos ultrarrápidos á rede.

20 anos, en suma, despregando rede para Galicia, en colaboración coas administracións estatal y autonómica, para garantir que zonas de Galicia que, case sempre por problemas orográficos dificilmente poderían desfrutar das tecnoloxías más avanzadas, teñan a oportunidade de dispoñer de servizos de última xeración. O obxectivo final: que os habitantes de Galicia gocen por completo das vantaxes da Sociedade da Información e que as empresas galegas sexan quen de competir, dentro e fóra da comunidade, coma mínimo en igualdade de condicións, coas rexións máis avanzadas do mundo. O compromiso de R con Galicia segue intacto.