As mellores orquestras de Galicia están nas Festas de San Roque en Melide 2025, do 14 ao 21 de agosto. Unha semana de celebracións que inclúe concertos, música tradicional, charangas, bandas e actividades infantís. Contámosche todas as actividades do programa das festas de San Roque en Melide 2025 este verán.
Programa das festas de San Roque en Melide 2025

Imaxe: Concello de Melide
O xoves 14 de agosto, as bombas de palenque anuncian o inicio do programa das festas de San Roque en Melide 2025. Pola tarde, ábrense as atraccións e os postos da festa na zona do Parque Rosalía de Castro.
Por diante unha semana de festas, que inclúe concertos e as mellores orquestras de Galicia no Cantón de San Roque, pasarrúas, circo e acrobacias, actuacións de bandas e música tradicional, charangas ou a comida campestre na praia fluvial de Furelos, ata a despedida das festas de San Roque en Melide 2025 o xoves 21 de agosto, co Día do Neno.
O Concello de Melide anunciou todo o programa das festas de San Roque de Melide 2025, do 14 ao 21 de agosto, que podes descargar aquí.
Xoves, 14 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- 18:00 h. Apertura de atraccións e postos da festa na zona do Parque Rosalía de Castro.
- 20:00 h. Pasarrúas da charanga Leña Verde.
- 23:00 h. Cantón de San Roque: actuación de Leña Verde.
- 00:30 h. Cantón de San Roque: orquestra Panorama.
Venres, 15 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- 10:30 h. Dende o Cantón de San Roque: Ruta Familiar en Bici.
- 22:30 h. Cantón de San Roque: concerto de Mekánica Rolling Band.
- 00:30 h. Cantón de San Roque: orquestra El Combo Dominicano.
Sábado, 16 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- 11:00 h. Pasarrúas da Banda de Música de Visantoña.
- 13:00 h. Igrexa parroquial: misa solemne coa Banda de Música de Visantoña.
- 14:00 h. Praza do Convento: concerto da Banda de Música de Visantoña.
- 19:00 h. Praza do Convento: espectáculo de circo e acrobacias "Távole", de Circo Chosco.
- 21:30 h. Praza do Convento: concerto da Banda de Música de Visantoña.
- Centro Sociocultural Mingos de Pita: actuación dos Melidaos.
- 00:00 h. Concerto de Heredeiros da Crus.
- 01:30 h. Orquestra Los Coleguitas.
Domingo, 17 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- 11:00 h. Pasarrúas de Froito Novo.
- 13:00 h. Misa solemne con Froito Novo.
- 14:00 h. Praia fluvial de Furelos: comida campestre.
- 19:00 h. Praza do Convento: concerto da Coral Polifónica de Melide. A continuación, pasarrúas da charanga Evaristo.
- 22:30 h. Praza do Convento: actuación da Banda de Música de Arzúa.
- 23:00 h. Cantón de San Roque: charanga Evaristo.
- 00:30 h. Cantón de San Roque: grupo Bomba.
Luns, 18 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- 11:00 h. Pasarrúas da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.
- 14:00 h. Praza do Convento: concerto da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.
- 19:00 h. Praza do Convento: espectáculo de circo e marionetas "Compaña", de Xampatito Pato.
- 22:00 h. Praza do Convento: concerto da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.
- 23:00 h. Cantón de San Roque: actuación de Los Satélites.
- 00:30 h. Cantón de San Roque: orquestra Origen.
Martes, 19 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- 11:00 h. Pasarrúas de Herba Grileira.
- 19:00 h. Praza do Convento: espectáculo "Sons na Batea", de Ollo Piollo.
- 22:30 h. Cantón de San Roque: charanga Ardores.
- 00:30 h. Cantón de San Roque: orquestra Olympus.
Mércores, 20 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- 19:00 h. Praza do Convento: espectáculo "O gran reto deportivo", dos Bolechas.
- 22:30 h. Cantón de San Roque: concerto de Festicultores Troupe.
- 00:30 h. Cantón de San Roque: orquestra París de Noia.
Xoves, 21 de agosto
- 10:30 h. Disparo de bombas de palenque.
- Día do Neno: descontos nas atraccións dende as 17:00 h para os peques. E, a partir das 18:00 h, poderán gozar de zumes e xeados de balde.
Así son as festas de San Roque de Melide 2025, do 14 ao 21 de agosto. Gózaas.
Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Melide