Volven as Xornadas Tecnolóxicas de forma presencial á Coruña. Referencia dos eventos anuais no sector TIC, a deste ano celebrarase o 28 de outubro baixo o lema “Novos tempos, grandes oportunidades”. Esa é unha das claves das xornadas, expoñer de forma práctica e próxima os retos das empresas na nova era dixital.
Desafíos nos que R acompaña as empresas galegas, achegando solucións que lles axuden a mellorar a súa competitividade. Compañías como Velgasa ou CLUN estarán nas Xornadas Tecnolóxicas para falar da súa experiencia de éxito nesta transformación dixital.
Inspiración, aprendizaxe e reflexión tamén, da man de Josep Piqué. O empresario, economista e experto conferenciante internacional en dirección de empresa, compartirá o seu punto de vista acerca da adaptación das empresas ao escenario político, social e económico actual na conferencia “A adaptación da empresa ao mundo post-pandemia que nos vén”.
Mesa redonda “Éxito, retos e oportunidades da situación actual”
Josep Piqué acompañará a profesionais galegos de Abanca, Igape, Greenalia e Parfois, xunto ao director de Empresas de R, Isidro Fernández de la Calle, na mesa profesional “Éxito, retos e oportunidades da situación actual”, que estará moderada por Xosé Luís Vilela, director de “La Voz de Galicia”.
Todo eles compartirán a súa visión acerca das oportunidades e os retos aos que se enfrontan as empresas nesta era da transformación dixital.
Experiencias transformadoras
Nas Xornadas Tecnolóxicas coñeceremos de primeira man a experiencia de empresas como Vegalsa e CLUN, ás que axudamos a incrementar a súa competitividade grazas á tecnoloxía de R. Porque cremos na tecnoloxía como panca para experiencias transformadoras.
Alberto Iglesias, Responsable Pricing de Vegalsa, falará sobre “Transformación cara a unha organización 'Data Driven'”; e Javier Cabana, director de TI de CLUN, da “Dixitalización en empresas do sector primario e a industria agroalimentaria”.
Sigue as Xornadas Tecnolóxicas en streaming
As xornadas volven ao formato presencial, pero podes seguilas en directo a través do noso edificio virtual “The Tech Experience”, plataforma que creamos o ano pasado para conectar coas empresas de forma online durante as restricións pola COVID, e que durante este tempo nos serviu para manter o contacto con todos vós e para ofrecervos encontros e experiencias de valor arredor da tecnoloxía e a empresa.