Nova edición das nosas Xornadas Tecnolóxicas R. Desta volta, o tema sobre o que virou o evento foi a compoñente humana na era tecnolóxica e na contorna da "Intelixencia Artificial".
A Finca Montesqueiro, en Oleiros (A Coruña), foi o escenario dun evento que xa se converteu nun referente para as empresas galegas e que reuniu profesionais e altos responsables co obxectivo de escoitar as reflexións de expertos/as sobre os profundos cambios que o noso mundo experimentou nos últimos anos.
Alfredo Ramos, director de R, presentou o programa das Xornadas Tecnolóxicas R 2023, tituladas "O reto de seguir liderando como humanos", á vez lenda dun cartel realizado con ferramentas de IA.
Nelas, analizouse como as persoas somos protagonistas, e ao mesmo tempo testemuñas, da maior revolución tecnolóxica da Historia. Porque temos ao alcance da nosa man as novas tecnoloxías e as ferramentas máis avanzadas e, ademais, entramos nunha etapa de reflexión e análise para tomar decisións de maneira diferente a como o faciamos ata o momento.
Para falar de todos estes temas contamos coa participación do ex ministro israelí Shlomo Ben Ami e a experta en IA en Deloitte, Macarena Estévez, ademais de representantes de R, Plexus e Gestamp.
Ben Ami e o protagonismo radical da guerra tecnolóxica
O diplomático, ex ministro de Asuntos Exteriores de Israel e historiador Shlomo Ben Ami, ofreceu un relatorio titulado "Desorde xeopolítica e cambios tecnolóxicos ¿como lle afectan ao panorama mundial?", no que compartiu a súa visión dos novos tempos, "que representan grandes promesas para a Humanidade e ao tempo grandes ameazas".
Na actualidade, a crise financeira, a pandemia e a guerra de Ucraína, xunto coa guerra comercial e tecnolóxica entre Estados Unidos e China, marcan a economía e a orde xeopolítica mundial.
Especialmente preocupante é "a guerra" da Intelixencia Artificial, e "particularmente perigosa pola simple razón de que non se inventou aínda a diplomacia para a era tecnolóxica".
Ramón Bueno (Plexus) e a disrupción do blockchain
Pola súa banda, o director de Distribución de Plexus Tech, Ramón Bueno, explicou no seu relatorio, titulado "Blockchain: ruptura e innovación ao servizo das persoas", como a funcionalidade dunha cadea de bloques descentralizada pode aplicarse a unha gran variedade de ámbitos: finanzas, saúde, cadea de subministración, enerxía, medio ambiente...
Ao desenvolver e adoptar a tecnoloxía blockchain, podemos desbloquear o seu verdadeiro potencial e cambiar o paradigma. Se estas posibilidades as poñemos ao servizo das persoas, onde está o límite?
Jorge Vázquez (Gestamp) e a revolución do 5G
Nestas Xornadas Tecnolóxicas R tamén se abordou a importancia do 5G na industria.
O responsable de "industria intelixente" (Virtual Factory) de Gestamp, Jorge Vázquez, destacou o papel relevante do 5G como tecnoloxía facedora que permite manexar inxentes cantidades de datos e traballar con múltiples escenarios que favorecen a toma de decisións, controlando en remoto os procesos produtivos para predicir e avaliar con anticipación os riscos eventuais da toma de decisións industriais.
Macarena (Deloitte) e a importancia de visualizar o futuro
No seu relatorio "Máquinas amigas", Macarena Estévez, socia emérita en Deloitte e experta en IA e Analítica de Datos, resaltou a importancia de mirar cara ao futuro cos ollos das xeracións vindeiras.
Dende o punto de vista empresarial, a clave é estar ao día nas tendencias e poder anticiparse "para liderar o novo ecosistema empresarial cara ao que nos diriximos".
Neste sentido, achegámonos a unha "singularidade tecnolóxica" nun mundo dixitalizado a gran velocidade e a Intelixencia Artificial emerxe como puntal para automatizar procesos.
Mesa profesional sobre a revolución tecnolóxica
Finalmente, na mesa profesional "A revolución tecnolóxica, ¿está a túa empresa preparada?", coa participación de todos os conferenciantes e á que tamén se lle uniu o director comercial de R, José Penas, reflexionouse sobre cuestións de actualidade importantes para comprender a contorna e anticiparnos ao futuro a nivel social, económico e tecnolóxico.
Falouse tamén sobre posibles estratexias ante o contexto económico actual e as tensións xeopolíticas; tendencias tecnolóxicas emerxentes; perspectivas e retos da IA; ciberseguridade ou sostibilidade das empresas.
Un ano máis, as Xornadas Tecnolóxicas R consolídanse como un evento de referencia en Galicia no que se abordan temas xeopolíticos e tecnolóxicos da man de grandes expertos/as e relatores/as de prestixio internacional.
Aquí podes ver un resumo das Xornadas Tecnolóxicas R "O reto de seguir liderando como humanos".
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.