A dinámica actual da sociedade e das empresas fai necesaria unha organización innovadora e dixitalizada que deixa atrás os tradicionais procesos e as operacións analóxicas manuais e repetitivas, e que nos poña na senda dunha ampla transformación dixital que permita crear fluxos de traballo intelixentes.
A continua automatización á que estamos a asistir está a impulsarvos ás empresas a resideñar, optmizar, estandarizar e mesmo eliminar os procesos que sexan redundantes ou innecesarios. No caso concreto das áreas e as tarefas de finanzas e contabilidade, atopámonos con que moitos procesos dixitalizan a información pero non os procesos humanos, algo que tampouco realizan os sistemas ERP (Sistema de Planificación de Recursos Empresariais), polo que xorde a necesidade dunha ferramenta capaz de xestionar de maneira intelixente os gastos cotiáns da empresa.
Sabbatic é unha ferramenta 360º que dixitaliza todo tipo de tíckets de gastos e facturas, extraendo todos os puntos de información, mediante a aplicación de algoritmos avanzados de procesamento dos datos para identificar, exportar, limpar, validar e almacenar automaticamente a información, que será presentada en minutos no panel web. Sabbaticconverte os teus tíckets e facturas en aforro e en información de valor para a túa empresa.
A través da categorización e das etiquetas analíticas de todos os gastos e/ou facturas, permite automatizar todos os procesos e fluxos de traballo de supervisión das diferentes persoas involucradas no proceso, pertenzan ou non á organización, podendo controlar os gastos en tempo real ou axustar ás políticas por centro de custo, departamento, proxecto, equipo, contabilización automática e reporte da actividade financeira-contable da empresa.
Esta completa solución de ticketing que che propoñemos dende R podes usala a través da app no móbil, no teu escáner ou dende a túa sesión no pc, accedendo ao teu perfil e xestionando os datos extraídos en minutos. Ademais, sempre podes utilizar todas as funcionalidades que necesites para controlar de principio a fin o proceso de xestión.
O potencial de Sabbatic para o teu negocio radica na súa capacidade para acelerar a xeración de valor e a súa precisión de control orzamentario en tempo real cun 100% dos datos contables verificados. Tamén é capaz de identificar oportunidades antes ocultas á vez que reduce os tempos dedicados a tarefas mecánicas e minimiza os posibles riscos humanos.
Sabbatic custodia os teus datos en todo momento e conta con funcionalidades avanzadas de recoñecemento facial e posta en marcha Plug&Play. Doutra banda, se xa traballades na vosa empresa con algún sistema ERP, pode complementalo, e o pago é por uso en lugar de por rexistro.
En suma, que fai Sabbatic coa información? Extrae, dixitaliza, controla e contabiliza e, finalmente, reporta e visualiza.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área comercial Empresas.