En R marcámonos como unha das nosas prioridades xestionar de maneira excelente todas as dimensións medioambientais da nosa actividade. Así o recolle a nosa Política en Sostibilidade e confírmano os diferentes recoñecementos que van acreditando as nosas accións.
Este ano logramos en R o certificado de Xestión Enerxética ISO 50001 cunha norma que reflicte o bo desempeño enerxético da organización e axuda a xestionar e reducir o consumo de enerxía.
Isto supón un fito adicional á importante redución de emisións de CO2 lograda durante o ano 2021. A través da compra de electricidade libre de emisións posicionámonos como empresa Cero Emisións Netas de Carbono directas e derivadas da electricidade. Tamén superamos recentemente con éxito a auditoría de seguimento e renovación das certificacións ambientais coas normas ISO 14001 de Xestión Ambiental, Regulamento Europeo EMAS e a norma ISO 50001 de Xestión Enerxética. Unha auditoría que incluíu a verificación da Declaración Ambiental de R.
Son certificacións que nos permiten demostrar o noso compromiso co medio ambiente e a loita contra o cambio climático procurando unha xestión eficiente dos recursos, e que representan, ademais, unha garantía diso ante os nosos grupos de interese.
Porque en R guíanos a idea dunha transformación cara a un modelo de negocio responsable que priorice a neutralidade de carbono e a redución de emisións mediante o emprego de enerxías menos contaminantes e o uso eficiente e responsable dos recursos. E facémolo a través de tres liñas principais de actuación: loita contra o cambio climático e consumo eficiente de recursos; circularidade e xestión de residuos electrónicos priorizando a reutilización dos equipos fronte á reciclaxe ou a eliminación; e fomento de certificacións e iniciativas ambientais.
Así, xa nos sumáramos á 'Alianza por unha Recuperación Verde' para unha recuperación da crise sanitaria e económica da Unión Europea que contaba coa sostibilidade como prioridade para desenvolver, por parte dos Gobernos, medidas e políticas aliñadas cos criterios de protección do medio.
Porque en R temos presente, en todo o desenvolvemento da nosa estratexia empresarial, as directrices proporcionadas polo Pacto Mundial, o Acordo do Clima de París, a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible como pancas transformadoras cara a un mundo activo na loita contra o cambio climático. E, ademais, como operador sempre baseamos a nosa estratexia en proxectos sostibles que fan especial foco nas persoas.
Podes consultar aquí máis información sobre o noso informe de Sostibilidade de 2022.