Que é Workplace?
Workplace é a nova proposta de Facebook para integrar as redes sociais dentro da empresa. Non, nos malinterpretedes, non serve para saber que tal o pasou o teu compañeiro durante as súas vacacións ou que tal foi a festa de aniversario do teu xefe.
Workplace vai máis aló. Cada empregado da empresa terá un perfil co seu propio muro, onde poderá chatear, realizar videoconferencias, participar en eventos, compartir noticias ou vídeos de interese para a empresa. Mesmo poderá compartir tarefas en grupos de traballo alleos á empresa.
Workplace conta con aplicación web, de escritorio e móbil para que poidas utilizalo esteas onde esteas.
Descobre máis sobre Workplace, aquí.
Alternativas a Workplace
Workplace non está só no mercado de redes sociais adaptadas á empresa. Estas son as tres alternativas máis fortes a Workplace.Slack
Slack é unha ferramenta de mensaxería instantánea para empresas na que podes integrar: Dropbox, Drive, Twitter...
Do mesmo xeito que Workplace, podes utilizar Slack desde a súa aplicación online, de escritorio ou móbil.
Descubre máis sobre Slack, aquí.
Yammer
Yammer é a alternativa a Slack e Workplace de Microsoft. Yammer permíteche manterte ao tanto do que sucede na túa empresa e traballar en equipo con maior facilidade.
Ademais, Yammer está pensada para que poidas integrar sen problemas ferramentas de Office como Word ou Excel.
Descubre máis sobre Yammer, aquí.
HipChat
Esta ferramenta non lle ten nada que envexar a Workplace. Con HipChat podes crear grupos, chatear por privado cos teus compañeiros e compartir documentos e imaxes para facilitar o traballo en equipo.
Descubre máis sobre HipChat, aquí.
Ferramentas como estas axilizan o traballo en equipo e a comunicación interna. Xa nos contarás se te animas a integralas na túa empresa.