O wifi de R ofrece un amplo abanico de vantaxes ás empresas R. Seguro que moitas delas non as coñeces, por iso desta volta a Responsable de Oferta de Empresa de R, Ana Barcala, vaiche contar todas as posibilidade que ten o wifi para o teu negocio.
Empresas con moita afluencia de público na que o wifi é de utilidade para os seus clientes son as máis interesadas neste servizo.
Cales son os sectores que demandan solucións wifi específicas?Estarían por unha banda todos os negocios relacionados coa hostalería (hoteis, restaurantes…) e os centros de ocio (como ximnasios e parques infantís). Non podemos esquecernos tampouco das superficies comerciais (centros comerciais, recintos feirais,...), dos centros educativos e das clínicas médicas e hospitais.
Cales son os principais beneficios que ofrece o wifi de R aos clientes dunha empresa?En primeiro lugar o que vemos é que se incrementan as vendas, xa que a maioría das empresas nota que acoden máis clientes despois de implantar o servizo wifi. Iso liga con outro dos beneficios, coa fidelización de clientes, porque o wifi serve como ferramenta para que o cliente desfrute da experiencia da visita ao local e decida volver. Ademais, tamén se atraen novos clientes, porque a existencia e calidade do wifi xa se percibe como un valor importante por parte dos clientes.
Por poñer un exemplo, nun hotel moitos clientes teñen en conta a valoración do wifi como un dos aspectos máis destacados á hora de reservar un cuarto.
Moitas veces ao falar do wifi pensamos nos clientes dun negocio, pero esquecemos os traballadores desa empresa. Que beneficio ten no ámbito corporativo?A utilización da rede wifi no ámbito corporativo ten moitas vantaxes, pero pode resumirse nunha mellora da produtividade, permitindo aos empregados que dispoñan de conexión á rede corporativa ou internet en calquera punto da empresa.
Cales son as principais características do wifi de R para as empresas?Sobre todo destacaría a infraestrutura wifi de alta calidade, xa que está orientada a contornas empresariais e co equipamento máis avanzado do mercado. En R incluímos o acceso a internet para os clientes da empresa, coas mellores velocidades e garantías.
Ademais, unha empresa conta con diferentes opcións de conexión wifi: portal cativo, contrasinal, integración con redes sociais, integración na rede corporativa, etc. Ofrecemos ademais unha ferramenta de xestión, para que se vexa o estado da rede en todo momento.
É importante explicar tamén que podemos ofrecer diversas redes wifi, creando por exemplo unha para os clientes e outra para os empregados. E incluso podes dispoñer de analítica de clientes, para coñecer mellor as teus clientes grazas ao wifi.
Por último, destacaría a nosa postvenda. En R xestionamos e configuramos a solución que nos pide o cliente, detectamos e informamos de forma proactiva de calquera problema e propoñemos melloras.
Algún cliente pode pensar que estas características as cumpran outras wifi. Cal é a diferenza da wifi de R?As diferenzas son moitas, xa que prestamos un wifi orientado ao negocio da empresa. É por iso que a nosa solución está integrada, incluíndo o equipamento, instalación e o acceso a internet. Hai tamén un servizo xestionado e un mantemento integral, porque vixiamos a rede e enviamos un informe ao cliente do seu estado, e sempre coa mellor resposta de atención e mantemento, axustándose ás necesidades do cliente. Iso non o fai o resto.
Buscamos ademais que o cliente estea seguro e tranquilo. Por iso contamos coas máximas medidas de seguridade. E como garante está a nosa experiencia na xestión da maior rede wifi de Galicia, con mais de 130.000 puntos en toda Galicia.
Para rematar, damos facilidades no pagamento. Tanto o equipamento como a instalación serán de propiedade da empresa e pódense pagar cunhas cotas de financiamento de xeito que se evite unha importante inversión inicial.
Ademais, en R ofrécese xunto co wifi unha serie de servizos de valor engadido. Pódesnos falar deles?Si, claro. Un dos máis importantes é a ferramenta analítica de clientes que permite obter o comportamento dos clientes da empresa cando están dentro da mesma, simplemente por ter o usuario o wifi activado no seu dispositivo. Algúns dos datos que se poden obter son: tempo medio de estancia, movementos, usuarios en zonas, taxa de adquisición, mapas de calor, etc.
Por outra banda, podes utilizar un portal cativo, no que os clientes se rexistren e deixen os seus datos. Todo isto unido, permite que grazas ao wifi dispoñas de información para coñecer mellor os teus clientes.
Ata aquí a entrevista, se che queda algunha dúbida ou consulta máis sobre wifi de R para empresas non dubides en comentala e nós trasladarémoslla a Ana.
Ata a próxima!
Imaxe de rawpixel.com