Unique Selling Proposition, sóache? Nos anos 40 Rosser Reeves acuñou este termo para explicar aos fabricantes que ao durar tan pouco un anuncio, se querías vender, era necesario centrarse nun único valor diferencial do produto.
Os 40 xa quedan lonxe, pero moitos dos termos e ideas que utilizaron os primeiros estudosos do marketing seguen vixentes a día de hoxe. Iso si, cambiaron moitas cousas, como por exemplo que utilizamos para explicar esas vantaxes competitivas aos nosos clientes.
Se tes un negocio, tes moito que contar. Así que non dubides en utilizar webinars para trasladar ao teu público todo o que os teus produtos e servizos poden facer por eles.
Que é un Webinar?
O termo webinar nace da unión de dúas palabras en inglés: web + seminar. Así que, podémolo definir como un taller online en streaming (un palabro, que entre outras cousas significa, retransmitir contidos en tempo real a través de internet).
Agora é cando vén a pregunta: “Ten vantaxes?”. Moitas e dous indiscutibles. A primeira é que calquera persoa conectada pode asistir a unha charla ou un curso sen necesidade de saír de casa. A segunda é que a diferenza dos titoriais, nos webinar xérase conversación. Ao estruturalos como queiras, podes establecer un tempo para realizar unha rolda de preguntas e conversar co que che está vendo.
Deseña o teu primeiro webinar e promociónao
Se che pica a curiosidade e decides lanzarte, o primeiro que debes ter en conta é que queres conseguir co teu webinar.
- Promocionar o teu novo produto
- Vender
- Incrementar o tráfico da túa web ou blog
Se xa o sabes, pensa de que vas falar e fai un esquema respondendo as seguintes cuestións:
- Quen é o teu público?
- Cal será o mellor horario para realizalo?
- Como o estruturarás?
- Que recursos promocionarás entre ás persoas que asistan?
- Que facilidades darás aos teus clientes se queren adquirir os teus produtos ou servizos ao final do webinar?
- Canto durará?
Preparar un webinar require traballo e dedicación. Oxalá tiveramos a fórmula máxica para que saíse redondo, pero como non a coñecemos, velaquí cinco consellos básicos:
- Se buscas vender máis e mellor, elixe un tema que chame a atención.
- Aínda que a duración dun webinar non está escrita, tenta que non exceda os 60 minutos.
- Escolle un lugar adecuado para gravar. Coida ao milímetro a luz, o son, a imaxe e o deseño do espazo. Todos estes elementos forman a túa carta de presentación.
- Crea un hashtag para que as persoas que o desexen compartan o teu webinar en redes sociais. É importante que facilites a posibilidade de compartir o que está a suceder.
- Pregunta sempre aos teus clientes que lles pareceu, con que sensación quedaron e como poderías mellorar.
Se consegues crear un bo contido, non esquezas promocionalo. É fundamental que os demais saiban que organizas os teus webinars para que poidan asistir. Para isto pon banners no teu blog ou web. Tamén podes crear unha landing específica para o evento ou investir nunha pequena campaña de Facebook Ads.
Tes todo listo? Perfecto. Agora, só che falta escoller a plataforma coa que lanzarás a teu webinar. Nós propoñémosche estas tres:
Hangouts Google +É a ferramenta gratuíta máis utilizada para configurar webinars xa que na súa versión de retransmisión en directo podes realizalos e gravalos á vez na túa canle de Youtube.
GoToWebinarÉ unha das ferramentas de pago máis utilizada para configurar webinars. Permite, entre outras cousas, xerar informes e analizar a tempo real a interacción dos asistentes á túa conferencia.
Se non crees que un webinar sexa interesante, podes comezar por colgar na túa web ou blog talleres e titoriais en vídeo. Pero lembra que se o fas así, perderás a inmediatez de resposta dos teus clientes.
Os webinar achegan visibilidade ao teu negocio, diferenciándote da competencia. Son un valor engadido para que os teus clientes te coñezan mellor e poidan ver in situ as vantaxes do teu negocio. Se decides lanzarte, nós poñemos 150 megas e vinR, o webinar xa é cousa túa.
imaxe: unsplash.com