As transformacións no modelo de negocio de VMware, especialmente tras a súa adquisición por parte de Broadcom, xeraron incerteza en moitas empresas e organizacións, xa que lle afectan directamente á forma en que se licencian e xestionan as infraestruturas virtualizadas.
A transición cara a un novo esquema de licenzas e prezos obriga a reformular estratexias de TI e implica, en moitos casos, adquirir novos recursos e asumir custos adicionais. Isto incrementa a presión financeira para manter as contornas existentes e redimensiona os orzamentos destinados a proxectos tecnolóxicos.
En R contamos cun equipo de asesoramento especializado que analiza cada caso para ofrecer alternativas que permitan manter a continuidade operativa, sen comprometer os orzamentos e mellorando a competitividade.
Solucións cloud de R
Na nube próxima de R xestionamos directamente as licenzas de VMware necesarias e ofrecemos diversas alternativas de cloud privada e Edge Computing.
Cloud privada
A nosa nube privada garante unha maior seguridade e personalización, apoiada pola conectividade de R. A empresa mantén un control total e acceso completo á infraestrutura, podendo adaptala segundo as súas necesidades e beneficiándose dun licenciamento VMware optimizado.
Edge computing
A nosa proposta de Edge Computing, construída como unha alternativa a VMware, baséase nunha infraestrutura distribuída por todo o territorio español.
Grazas á proximidade física das nosas localizacións de rede (comunicacións fixas e 5G) ofrecemos capacidades de cómputo baseadas en contedores e máquinas virtuais. Isto permite baixa latencia, alta escalabilidade, optimización de recursos e soporte para novos casos de uso.
Así que é unha opción ideal para empresas que buscan reducir a súa dependencia de VMware ou que requiren contornas de alto rendemento e respostas en tempo real.
Adicionalmente, deseñamos contornas personalizadas baseadas en tecnoloxías como KMV, Proxmox, Nutanix e outras solucións que lles achegan enfoques innovadores á virtualización e á xestión de centros de datos.
Cloud pública
En R tamén ofrecemos servizos de nube pública que, grazas á súa escalabilidade, flexibilidade e capacidade para reducir custos operativos, permiten modernizar infraestruturas de maneira áxil, segura e resiliente, impulsando así a innovación empresarial.
Colaboramos cos principais hyperscalers (centros de datos a gran escala en la nube): AWS, Azure e Google Cloud Platform (GCP).
E por que contratar a nube pública connosco?
Aquí tes varias razóns:
• Deseñamos estratexias cloud personalizadas para cada negocio, acompañando os/as nosos/as clientes/as no seu camiño cara á nube.
• Simplificamos o acceso aos servizos cloud líderes do mercado cun contrato unificado, asesoramento experto e a posibilidade de incluír proxectos a medida, incluíndo solucións de cloud híbrida.
• Axudamos a reducir os custos asociados a VMware ao mesmo tempo que modernizamos as contornas, aproveitando as vantaxes dos hyperscalers: pago por uso, escalabilidade e seguridade.
Como optimizar VMware na túa empresa
En R ofrecemos distintas opcións para preparar as organizacións ante os novos cambios nas licenzas de VMware, permitindo modernizar as infraestruturas de forma segura e adaptada a cada negocio.
O noso enfoque baséase en mitigar o impacto financeiro, reducir a dependencia tecnolóxica e proporcionar flexibilidade mediante múltiples modelos operativos na nube, sempre co acompañamento do noso equipo de expertos/as.
O proceso de optimización de VMware inclúe tres fases:
•Optimizar: conservar as contornas VMware optimizando a arquitectura, adaptándoa ao novo licenciamiento e controlando posibles incrementos de custos.
• Modernizar: migrar cargas a plataformas alternativas, aproveitando contornas híbridas con custos máis axustados.
• Acelerar: impulsar a innovación mediante a adopción de tecnoloxías nativas de nube pública.
Se a túa empresa xa dispón de licenzas VMware, en R podemos axudarche a optimizar e modernizar a túa infraestrutura con solucións cloud adaptadas ás túas necesidades.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.