Os dispositivos conectados á rede cada vez son máis. En 2030 estímase que haberá máis de 25.000 millóns de dispositivos conectados en todo o mundo. E esa dixitalización e hiperconexión ábrenos a porta para aproveitar novos usos e vantaxes da tecnoloxía, como as solucións IoT.
En que consiste IoT (Internet das cousas) e que aplicacións ten?
Internet das cousas é o resultado de dotar de conectividade todo tipo de dispositivos; é dicir, a interconexión dixital a internet de obxectos cotiáns.
É a base dun proceso de transformación dixital que supón un cambio radical na calidade e na forma de vida das persoas e na maneira de organizar e xestionar a actividade das empresas. Unha dixitalización que nos leva a organizacións cada vez máis dixitais en praticamente en todos os sectores, tanto públicos como privados.
Así, xa existen solucións IoT que se levaron á práctica con gran rendemento en sectores como a medicina, o ensino, a domótica ou a gandería. Trátase de solucións útiles para axilizar a mobilidade sostible, consolidar a eficiencia enerxética ou para mellorar a loita contra incendios.
A administración pública tamén está a facer uso das vantaxes de IoT nas chamadas Smart Cities (cidades intelixentes), que propiciarán unha xestión máis eficiente dos recursos e a definición de novos servizos para a cidadanía.
O obxectivo fundamental das solucións IoT é transformar os datos en información, contextualizándoos e ordenándoos, para mellorar a eficiencia, a rendibilidade, a sostibilidade e a produtividade.
Estas solucións IoT desenvolvéronse ao mesmo tempo que se ampliou a conectividade dos dispositivos, de tal xeito que existen multitude de sensores recompilando datos para optimizar e mesmo automatizar a toma de decisións, ademais de dotalas de maior capacidade de personalización, e que toda esta información permita tomar decisións en tempo real.
É importante resaltar que a día de hoxe existen sensores para todo tipo de ámbitos, domésticos, profesionais ou industriais, e non excesivamente custosos.
Os gateways son a capa que traduce as tecnoloxías e protocolos específicos da rede en tecnoloxías de rede máis estándar e viceversa. No IoT, estes gateways atópanse na casa nas redes de sensores, onde é clave ser quen de manexar e organizar centos de sensores dispersos.
Mileva, a solución IoT de R
A plataforma Mileva é a nosa solución converxente para a estratexia de dixitalización. A partir dela pódense desenvolver solucións e servizos dixitais onde todos os dispositivos funcionen como un sensor, con algoritmos que obteñen patróns, predín comportamentos futuros e aprenden a partir de casos reais.
Mileva permite o desenvolvemento e a integración de todo tipo de sensores, físicos e virtuais; garante a seguridade nas comunicacións mediante o uso de redes privadas converxentes; permite a administración de dispositivos IoT a grande escala e conta con dispoñibilidade de servizo en modo API.
En conxunto, é unha ferramenta útil para dixitalizar procesos, automatizar operacións, realizar seguimentos e inventarios e controlar en remoto en tempo real os activos empresariais, de tal maneira que vos capacita ás organizacións para conseguir datos útiles, organizados e estruturados cos que estar mellor preparadas para tomar decisións rapidamente e, ademais, con escalabilidade ilimitada a través dunha plataforma baseada en nube híbrida.
IoT vai da man da Intelixencia Artificial para lles tirar o máximo partido a todos eses datos recompilados e anticiparse ao que vai suceder conseguindo maior eficiencia e reducindo custos. E tamén a capacidade de procesamento do 5G será determinante para axudar a analizar esas inxentes cantidades de datos.
En R somos o voso socio tecnolóxico integral no ámbito da transformación dixital. Incorporamos e desenvolvemos, a través de nosa propia experiencia e coñecementos e tamén en colaboración con socios tecnolóxicosespecializados, solucións e proxectos innovadores baseados en tecnoloxías emerxentes cos que axudarvos a conseguir e consolidar unha posición forte no mercado.
No actual contexto, as solucións IoT son un valor esencial para rendibilizar os vosos esforzos e lles tirar o máximo partido aos datos.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas de IoT para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.