Segundo un recente estudo da firma de análise Techaisle, o 84 % das organizacións consultadas afirman que as solucións modernas de comunicación son vitais para o seu éxito. E, doutra banda, o 78 % dos empregados está de acordo en que dispoñer de mellores ferramentas de comunicación e colaboración axúdalles a facer mellor o seu traballo.
Pero, na era do traballo híbrido, aínda hai moitas empresas que non dispoñen dunha estratexia madura que faga converxer o seu sistema de telefonía e as súas ferramentas de comunicacións unificadas para unha maior eficiencia e unha experiencia de usuario e de cliente consistente e fluída, que ademais habilite a todos os empregados, independentemente de onde estean e do modelo de posto de traballo.
Neste contexto, estamos a ver que moitos dos nosos clientes estades a usar Microsoft Teams como a principal ferramenta de colaboración e, da man do noso socio tecnolóxico Mitel, queremos ofrecervos a opción de integrar a súa solución de comunicacións unificadas con funcións de telefonía empresarial avanzada. Unha integración que ofrece múltiples beneficios, como o aumento da produtividade, a redución de custos e a mellora da experiencia do usuario.
Un almorzoR de carácter práctico para mostrar as principais funcionalidades da plataforma
Para mostrar toda a capacidade da solución, acabamos de celebrar, xunto con Mitel, un almorzo de traballo informativo e práctico onde mostramos aos nosos clientes como aproveitar ao máximo o investimento en colaboración mediante a agregación de funcións de telefonía empresarial avanzada. E todo iso sen ter que investir de forma adicional en licenzas de telefonía de Microsoft.
Durante o encontro, leváronse a cabo demostracións prácticas das principais funcionalidades desta solución combinada.
Así, en primeiro lugar, os asistentes puideron ver as principais características e a morfoloxía da interface de Mitel Assistant dende Microsoft Teams, como xestionar contactos (procura en directorio, adición, etc.) e coñecer os próximos desenvolvementos que poderán implementar a curto prazo. A operativa da interface en formato de xanela flotante permite ao usuario permanecer dentro da súa aplicación de colaboración habitual, á vez que ten acceso ás funcións completas de telefonía, o que brinda unha experiencia integrada e fluída.
Así mesmo, mostráronse as opcións de configuración da interface (dispositivos, audio, etc.) para dar paso á demostración práctica das principais funcións de telefonía empresarial, tanto para chamadas saíntes como para entrantes, e a súa xestión a través de softphone ou de terminais SIP de escritorio. Tamén se mostraron opcións avanzadas como a escalación de chamada de voz dende o chat de Microsoft Teams.
Os participantes puideron ver, ademais, como esta solución permite asegurar a continuidade do negocio ao dispoñer dun sistema que se executa de forma independente á súa principal solución UCC en caso de indispoñibilidade de Microsoft Teams.
En resumo, unha solución completa e que responde ás necesidades das contornas de traballo actuais.
Podes consultar aquí máis detalles sobre o estudo de Techaisle e os resultados da enquisa.
E se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario ou do teu asesor persoal.