Como axuda a IA a facer máis eficiente a xestión e mellorar as vendas nunha tenda ou negocio de venda ao por menor ou minorista?
Moitas empresas deste sector seguen utilizando a analítica tradicional de ‘intelixencia de clientes/as’ (Business Intelligence). Pero o mercado estase a volver cada vez máis competitivo e esixe optimizar a xestión en tempo real, que impacta nos/as clientes/as de maneira personalizada. Porque de nada serve ter infinidade de datos se non se analizan previamente de xeito correcto.
Sobre este tema xirou o Congreso Data4 Retail, organizado por Big Data Magazine, o primeiro medio de comunicación especializado en información sobre Big Data e IA. Unha boa oportunidade para coñecer en profundidade o tema do Dato a través de presentacións e mesas coloquio nas que profesionais expertos/as analizaron as últimas solucións que existen no mercado.
Nesta ocasión, o evento centrouse no comercio minorista, que leva anos manexando os datos co obxectivo de mellorar a eficiencia.
Pola nosa banda, participou o especialista de vendas en analítica de datos e IA do Grupo MásMóvil (ao que pertence R), Adrián Bertol, quen explicou con detalle todos os beneficios que lle achega a Intelixencia Artificial a este sector no seu relatorio "IA en retail. ROI e eficiencia máis aló do BI".
Porque as solucións de IA son un investimento seguro que lle axuda á empresa a ser máis precisa, eficiente e rendible.
En concreto, que vantaxes achegan?
• Predicir vendas, calculando con maior precisión os obxectivos e optimizando o aprovisionamento.
• Estimar o prezo óptimo para cada produto con actualización dinámica.
• Calcular a velocidade de venda segundo a categoría do produto.
• Prever o envío de mercadoríasentre tendas para reducir ao mínimo o desperdicio.
• Facer unha estimación de volume do primeiro envío dun novo produto e recomendar
posibles pedidos.
• Optimizar a distribución dos puntos de venda e quendas do persoal.
• Seleccionar a localización óptima para novos puntos de venda e centros loxísticos.
• Predicir baixas (churn).
• Segmentar clientes/as para personalización de campañas e comunicacións comerciais.
• Detectar melloras no servizo ao/a cliente/a.
• Analizar a linguaxe natural para coñecer a imaxe de marca en redes sociais.
• Gobernanza do dato: planificar, supervisar e controlar a xestión e uso do dato na organización.
As estatísticas resultan evidentes: ata un 96% das empresas recoñecen que a implantación de IA foi unha experiencia positiva e máis do 80% son optimistas sobre o futuro do Big Data e a IA nas súas organizacións.
Para facer fronte ás razóns habituais que complican a posta en marcha de proxectos de IA, como a dificultade para detectar as oportunidades ou a falta de persoal especializado, en R contamos cun equipo experto en analítica e IA para empresas que vos axudará a coñecer o voso uso actual do dato e a deseñar unha folla de ruta paso a paso. Ofrecémosvos un acompañamento de inicio a fin para o deseño, a execución dos proxectos e o apoio aos equipos internos.
En Radaptámonos ás vosas necesidades e poñemos á vosa disposición a nosa experiencia e coñecementos para axudarvos a afrontar con éxito proxectos de IA.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial específicas para o comercio minorista, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.