Na actualidade compre a transformación e adaptación dixital de case calquera empresa, independentemente do seu sector ou tamaño. E non sempre é fácil, especialmente nas pemes, con menos recursos e capacidade para abordar procesos que ás veces se antollan complexos, longos e custosos.
Para axudar a esta dixitalización, lanzouse o programa Kit Dixital, cuxo obxectivo é axudarvos ás pemes a implementar solucións dixitais mediante a concesión de axudas en forma de bonos de ata 12.000 €.
En R somos axentes dixitalizadores deste programa Kit Dixital, que vos pode achegar moitas vantaxes e beneficios ao implantar na vosa empresa unha ou varias solucións dixitais.
Solucións dixitais ás que lle tirar partido co Programa Kit Dixital
- Sitio web e presenza en internet: construíndo a vosa propia páxina web, adaptable a todos os dispositivos, e tirándolle o máximo partido á presenza na rede.
- Comercio electrónico: creando unha tenda en liña na que poidades vender os vosos produtos e servizos, con pasarela de pago e envío loxístico, e posicionada nos primeiros postos dos resultados de procura dos principais buscadores de internet.
- Xestión de redes sociais e community manager: conectando cos/as vosos/as clientes/as, e cos/as que aínda non o son, de forma activa e rápida. Conseguiredes mellorar a vosa imaxe e reputación, xerar tráfico e fidelizar os/as clientes/as.
- Business Intelligence e Analítica: identificando, recollendo e interpretando os datos obtidos en redes sociais ou páxinas web. É dicir, coñece todos os datos que rodean a túa empresa e toma decisións en base a eles para aumentar a produtividade, optimizar procesos e realizar prognósticos con precisión grazas á información.
- Xestión de clientes eCRM, fidelizando os vosos/as clientes/as mediante a xestión integral da relación con eles/as na empresa. Coñecéndoos/as mellor, maximizaredes o seu valor e poderedes automatizar campañas para eles, ademais de mellorar a produtividade do voso equipo.
- Xestión de procesos e ERP: xestionando a actividade en temas de contabilidade, finanzas, facturación, proxectos, inventario, recursos humanos ou loxística implantando solucións conectadas, presentacións telemáticas de IVE e IRPF ou escritorios personalizados con información en tempo real.
- Servizos e ferramentas de Oficina Virtual: implementando ferramentas de colaboración e ofimática baseadas na nube que facilitan a mobilidade, melloran a comunicación, aumentan a produtividade, reducen o consumo de enerxía e aforran en papel e espazos físicos.
- Ciberseguridade: implantando solucións completas e actualizadas que protexan a vosa empresa, sexa cal sexa o seu tamaño ou a súa área de actividade.
- Comunicacións seguras: dispoñendo na vosa empresa de seguridade nas conexións entre os dispositivos ou para os/as empregados/as que traballan en mobilidade, contando cunha plataforma totalmente administrada.
- Factura Electrónica, axilizando a facturación da vosa empresa ou negocio a través da dixitalización.
Billin, a solución de R para a facturación electrónica
Esta dixitalización da facturación é, precisamente, unha das solucións ás que lle podedes tirar máis partido grazas a R e ao programa Kit Dixital nun contexto no que os sistemas tradicionais están a quedar obsoletos para lles dar resposta ás necesidades actuais e, nalgúns casos, tamén á lexislación.
En R ofrecémosvos unha ferramenta, Billin, que vos axudará a adaptarvos á facturación electrónica e a convertela en dixital.
Billin é un software co que poderedes emitir facturas electronicamente de forma fácil e en menos dun minuto xa que crea, emite e envía as vosas facturas ou gastos dende o ordenador, móbil ou tableta en cuestión de segundos.
É unha solución moi completa que permite personalizar facturas con logo e cores corporativas, engadir métodos de pago, seguir o estado das vosas facturas, dixitalizar gastos, exportar facturas en PDF e Excel; ademais, conta con autocompletado intelixente de datos e mesmo dispón da posibilidade de ‘chatear’ co cliente dende a propia factura.
Falamos dunha ferramenta de facturación para pemes e autónomos/as que vos permite ter maior control do voso negocio e aforrar tempo nas tarefas administrativas porque, ademais de adaptarvos á nova lexislación, ofrece múltiples vantaxes:
- Mellora a eficiencia da vosa empresa, reduce o tempo de xestión ao mínimo e acurta o período medio de cobro
- Controla o estado de tramitación das facturas e diminúe erros no seu envío
- Elimina custos de impresión e envío
- Automatiza a facturación recorrente
Billin é unha opción de solución dixital que podedes implantar grazas a R e ao programa Kit Dixital de forma gratuíta durante 3 anos.
Ademais, en R acompañarémosvos durante todo o proceso e levaremos a cabo a completa tramitación do bono dixital, incluíndo as xestións e a implementación.
Se queres saber como aproveitar o programa Kit Dixital na túa empresa, contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.