Toda empresa traballa cada día cun ollo posto na actualidade e o outro no que ocorrerá nun futuro a curto e medio prazo; e por iso cada vez máis equipos e departamentos utilizan a análise avanzada de datos para mellorar a súa rendibilidade. Sobre todo no caso das aseguradoras, para quen os riscos e as garantías constitúen o eixe da súa actividade.
Se tedes unha aseguradora debedes saber que a IA e a aprendizaxe automatizada achéganvos fluidez e eficiencia para a subscrición ou a comercialización de pólizas e a xestión de sinistros en seguros persoais, comerciais ou de accidentes.
A aprendizaxe automática, con solucións como o AutoML, é un poderoso recurso que suma as mellores prácticas da ciencia do dato á analítica de datos e axúdavos ás aseguradoras a desenvolver e implantar máis rapidamente solucións de Intelixencia Artificial. Poderedes darlle resposta a un maior número e variedade de demandas, permitindo desenvolver modelos preditivos entre 5 e 15 veces máis rápidos e precisos e sen custosos investimentos en tecnoloxías, sistemas e formación.
Por que a Intelixencia Artificial é un investimento seguro para a túa aseguradora?
- Predición de provisións en función da determinación do custo de cada sinistro a partir dos atributos únicos cliente/póliza.
- Precisión á hora de fixar os prezos e fixación de primas personalizadas. Os algoritmos da IA permiten reducir os coeficientes de perdas e os custos de compra e tamén son capaces de anticiparse a riscos concretos relacionados coas necesidades dos/as clientes/as, o cal redunda nunha menor taxa de rotación destes/as.
- Determinación dinámica da política de renovación, en base ao resultado e á probabilidade de ocorrencia dun futuro sinistro. A IA é unha fantástica ferramenta para predicir a sinistralidade por póliza en base á experiencia histórica e ao perfil de cada cliente/a.
- Mitiga o risco de litixio. A clave está en anticiparse a posibles reclamacións ou demandas, gañando tempo para estudar e propoñer alternativas e solucións máis vantaxosas e económicas para as partes enfrontadas.
- Aliada para a detección de fraudes. E faino de dous modos: por unha banda, detectando aqueles datos que coincidan con situacións fraudulentas xa vividas e, pola outra, poñendo o foco en anomalías e elementos sospeitosos susceptibles de sufrir ou supoñer novas fraudes.
- Predición do pago ou indemnización final probable tras o primeiro aviso de sinistro. Ademais, automatiza o procesamento directo dos pagos de reclamacións de seguros.
- Aumenta de forma proactiva a retención, ao predicir que pólizas se anularán na próxima renovación.
- Identifica produtos para "venda cruzada" e permite impulsar campañas de mellores ofertas.
- Axúdache a aproveitar as subrogacións. Como? A IA é a clave para identificalas de forma rápida e automatizada.
En definitiva, en R somos coñecedores das moitas vantaxes que vos poden achegar as solucións de Intelixencia Artificial aplicadas ás vosas aseguradoras, onde adquire gran relevancia a aprendizaxe automatizada porque o eixe do negocio son os riscos e as garantías.
As empresas de seguros levades moito tempo manexando información e traballando con ela na procura de negocios cada vez máis eficientes. Así, dispoñedes de datos con moito valor e aínda non é tarde para empezar a usalos, como xa estades a facer algunhas, para evitar correr o risco de non ser tan competitivas.
Pola nosa banda, podemos axudarvos a implantar con éxito solucións de IA, sexa cal sexa o tamaño ou o grao de madurez dos datos da vosa empresa. Para iso dispoñemos do noso equipo especializado, BAI Analytics, dirixido a cubrir as necesidades comerciais, tecnolóxicas e científicas das vosas organizacións con respecto á IA.
Neste contexto, tamén participamos no congreso de IA "Data4 Insurance", organizado por Big Data Magazine, no que se analizou como a IA axuda e achégalles beneficios ás empresas do sector de seguros.
Pulsa aquí se queres ver de novo o congreso de IA “Data4 Insurance".
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.