É cómoda, reduce custos e minimiza erros. Son só tres das principais vantaxes que lle achegará á vosa empresa o uso da factura electrónica.
Na actualidade, dispoñer dunha ferramenta de facturación dixital para pemes e autónomos permite crear, emitir e enviar facturas e recibos a clientes/as e facer un seguimento en tempo real esteas onde esteas.
Para empezar, axiliza os procesos administrativos cos/coas teus/túas clientes/as públicos/as e privados/as mediante unha emisión electrónica de facturas fácil e rápida que vos permite ter un maior e máis eficiente control do voso negocio e aforrar tempo nas tarefas administrativas.
A redución de custos é evidente en gastos de impresión, papel, distribución ou envío. Coidaredes o medio ambiente e, de paso, o voso peto.
Axúdavos a controlar os gastos recibindo e almacenando dixitalmente os recibos, copias de seguridade incluídas, de tal forma que os teñades a man sempre que os necesitedes e facendo máis fácil a súa xestión. Non só teredes maior dispoñibilidade e visibilidade dos gastos do día a día senón que tamén dispoñeredes dunha visión global da facturación por trimestre ou ano, por sectores ou mesmo por localizacións, en función das vosas necesidades.
E, por suposto, mellorará o voso control sobre o vencemento das facturas.
Xestión automatizada e personalizada
Ao tratarse dunha xestión automatizada, minimízanse os erros á vez que que se recortan os tempos e a carga administrativa para o persoal, especialmente no caso de operacións habituais e recorrentes. A dixitalización da facturación permíteche aforrar tempo en tarefas repetitivas para que poidas centrarte noutros aspectos do teu negocio. E ao reducir o tempo de xestión acúrtase o período medio de cobro, co cal a vosa empresa mellora en eficiencia.
A factura electrónica pode emitirse en diferentes formatos -Facturae, PDF ou UBL- e, se é necesario, podedes integrar a aplicación con outras solucións que xa teñades implantadas nas vosas empresas.
Adoita permitir, ademais, a configuración de idiomas ou preferencias de envío e, se traballades coa Administración Pública, emite facturas a AAPP a través dos Puntos Xerais de Entrada como FACe.
Unha ferramenta comercial e de márketing
Unha factura electrónica tamén xera marca, xa que podedes crear modelos que inclúan o voso logo, cores corporativas, datos de contacto ou mesmo perfís en redes sociais. Unha forma indirecta de dinamizar e de lle dar visibilidade ao voso negocio.
E podedes axilizar aínda máis a faceta comercial creando un catálogo e tarifario de produtos e servizos ou enviando presupostos a potenciais clientes/as.
Porque nestes tempos nos que prima a inmediatez nas comunicacións, é interesante dispoñer e aproveitar as posibilidades de contacto cos/coas clientes/as que achegan as propias ferramentas, a través de correos electrónicos ou chats, para lanzar mensaxes directas, personalizados e xestionar respostas rápidas e específicas en tempo real.
Fiscalidade e lexislación, sempre presentes e actualizadas
Por último, non esquezamos cumprir coa normativa vixente; a facturación electrónica ten plena validez legal aínda que para iso debe axustarse, neste caso concreto, aos requisitos que recolle o Real Decreto 1619/2012. Entre outras cousas, esixe que o emisor garanta dende a data de expedición e durante todo o período de conservación, a integridade do seu contido e a súa lexibilidade.
Neste sentido, a facturación electrónica reduce riscos de incumprimento e sancións por fallos ou malas prácticas ao contar con parámetros actualizados axustados aos requirimentos e necesidades da lexislación e a fiscalidade actuais que vos axudarán a que todas as operacións se realicen correctamente.
Ademais, a facturación electrónica será obrigatoria para as empresas españolas, tal e como o recolle o proxecto de lei sobre factura electrónica entre empresas e autónomos exposto polo Consello de Ministros o 30 de novembro de 2021, pendente de aprobación e cuxa aplicación está prevista en varias fases en función do tamaño da empresa. Unha forma de apostar pola dixitalización empresarial e de loitar contra a morosidade nas operacións comerciais.
A facturación electrónica pode converterse na mellor aliada para levar a transformación dixital á vosa empresa reducindo custos, tempos e gañando en transparencia e eficiencia.
En R podemos axudarvos a atopar a mellor solución para a vosa empresa. Agora, ademais, somos axentes dixitalizadores do programa Kit Dixital.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.