Concienciar os usuarios finais, definir unha política de seguridade actualizada e ter un protocolo de resposta a incidentes de ciberseguridade son tres das claves para garantir a supervivencia das empresas nesta fase de intensa transformación dixital que estamos a vivir. A día de hoxe, cómpre que toda organización dispoña dunha política de ciberseguridade sempre actualizada para minimizar el riesgo de sufrir un ciberataque e protexer o máis valioso que ten: a información.
Termos como phising, ou suplantación de identidade, e ramsonware, ou secuestro virtual de información, tense convertido nun crebacabezas para as empresas, especialmente as de menor tamaño, pois elas concentran case a metade dos ciberataques e tamén son as que máis sofren as súas consecuencias. A Alianza Nacional de Ciberseguridade dos Estados Unidos identificou que o 60% das pequenas empresas non son quen de soster o seu negocio seis meses despois dun ataque.
A ciberseguridade debe abordarse dende a organización no seu conxunto, polo que resulta indispensable que a dirección sexa a primeira en tomar conciencia da súa importancia. Diso dependen tanto os recursos que se lle asignen como a capacidade de concienciar o conxunto dos empregados da importancia de coidar a ciberseguridade entre todos. Ademais, non hai ninguén que coñeza mellor as necesidades da empresa que os seus propios responsables e empregados e que poida axudar a definir cal é a información máis sensible que se debe protexer, como se almacena e é transferida; ou cales son os accesos máis habituais á rede dende dentro e dende fóra da oficina para telo en conta na definición de permisos e contrasinais.
Unha boa política de ciberseguridade coida os sistemas e a información máis sensible das vosas empresas. Tedes pensado o que pode pasar se un empregado usa dispositivos persoais para gardar a información coa que traballa e esta pérdese? Se non tedes definido ningún protocolo de actuación específico, estes datos poden retardar a actividade mentres se recuperan, rematar en malas mans ou sinxelamente, terse perdido para sempre. E, ademais, podedes atoparvos con problemas legais, xa que se trata de dispositivos de uso persoal cuxo tratamento, posible borrado ou eliminación non está previsto nin acordado entre empregado e empresa.
Os ciberataques, como sabedes, increméntanse e redeséñanse cada día, o cal dificulta a labor de manter ao día a política de seguridade. A ciberseguridade precisa dunha continua actualización, revisión e control en remoto e, aínda que existen moitas solucións pensadas para achegar información detallada sobre usos dos sistemas, redes, accesos, conexións e todo tipo de actividades diarias da empresa que cómpre coidar, en moitas empresas, especialmente nas de reducido tamaño, non existen recursos e/ou coñecementos abondos para atender axeitadamente estes aspectos tan sensibles.
Nestes casos resulta especialmente interesante a figura do experto dixital; é dicir, un asesoramento especializado que se preocupe polo mantemento proactivo das políticas de ciberseguridade e as súas actualizacións e que conste ademais cun soporte capaz de aplicar as políticas correctoras necesarias.
En R poñemos á vosa disposición solucións multidispositivo deseñadas para manter todos os dispositivos libres de virus, spam e de todo tipo de ameazas así como de realizar copias seguras da información na nube. Falamos de solucións potentes e escalables que se adaptan ao crecemento da vosa empresa, non supoñen grandes custos e son operadas e mantidas por persoal experto en seguridade.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.