tranquilidade R é o novo servizo que protexe o teu PC, portátil, smartphone e tablet de distintas ameazas que aproveitan as vulnerabilidades destes dispositivos.

Este novo servizo ofrece unha protección avanzada e sinxela de xestionar a través do sistema de Panda Security. Esta solución pódela instalar en 5 dispositivos diferentes para evitar a entrada de malware e fugas de información. Ademais, detecta máis de 25 millóns de ameazas que se van actualizando a medida que se localizan.

Todo para a tranquilidade do teu negocio ou empresa !

Que inclúe tranquilidade R?

- Seguridade multiplataforma: ofrece protección inmediata e efectiva contra ameazas coñecidas e descoñecidas, grazas á conexión en tempo real coa intelixencia colectiva.

- Control de dispositivos: posibilidade de bloquear dispositivos (memorias USB, discos duros extraíbles, etc.) para evitar fugas de información, permitindo restrinxir a lectura-escritura sobre os mesmos.

- Xestión centralizada: fácil de xestionar, só se necesitas un navegador para xestionar a protección antivirus e firewall de maneira centralizada para todos os PCs, servidores e portátiles da túa empresa ou negocio.

Ademais, todas as operacións de tranquilidade R realízanse na nube e non é necesario que instales ningunha infraestrutura no teu negocio.

Como contratar tranquilidade R?

Xa podes contratar tranquilidade R na web de clientes por 4,72€ ao mes (IVE incl.).

tranquilidade R

encaixe R

Este servizo enmárcase dentro da nova oferta comercial de R, encaixe R, que ofrece solucións específicas de telecomunicacións a profesionais e negocios para ser máis competitivos e ofrecer o mellor servizo aos seus clientes.

En R sempre tentamos coidar ao máximo os nosos clientes e proporcionarche un trato especial e con encaixe R ofrecémosche diferentes detalles por ter con R os teus servizos de telecomunicacións.

Os obxectivos de encaixe R son:

  1. Ofrecerche servizos de telecomunicacións que te axuden a impulsar o teu negocio.
  2. Coidar, aínda máis, os nosos clientes.
  3. Adaptarnos á túa mobilidade e produtividade, con solucións como o fax IP, o multiring, Office 365 ou o servizo tranquilidade R, entre outros.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!