Coa masificación e diversificación das operacións dixitais, xorden novas tecnoloxías e aplicacións pensadas para axilizar procesos, reducir custos e, en definitiva, axudarvos a desenvolver mellor o voso traballo diario. E todo iso con especial atención á seguridade, a privacidade e a transparencia.
Blockchain aglutina todas estas facultades. Pero, en que consiste realmente esta tecnoloxía e que lle pode achegar a unha empresa?
O blockchain é unha tecnoloxía baseada nunha cadea de bloques de operacións, algo así como un gran libro electrónico e unha gran base de datos que se comparte entre usuarios/as, sexan particulares ou empresas. Rexistra e almacena todas as operacións realizadas, sen posibilidade de borrado, de forma descentralizada, pública e verificable. E todo iso faino sen necesidade de intermediarios.
Cada rexistro ou conxunto de operacións é un bloque, de aí a súa denominación como "blockchain". A el poden acceder e estar vinculadas determinadas persoas que en todo momento teñen información e a posibilidade de rastrexar as transaccións que realizan. De cada bloque, sempre se xera unha copia.
O blockchain adoita utilizarse para rexistrar transaccións ou procurar algo dentro dunha rede, e cada vez son máis as empresas que incorporan esta tecnoloxía.
Máis aló do seu uso en relación coas moedas dixitais ou criptomonedas, pódese aplicar en cadeas de loxística, transaccións financeiras, xestión de pagos ou intercambios comerciais.
Ademais, a día de hoxe trabállase con enormes cantidades de datos, polo que o blockchain atopa un bo aliado nas solucións IoT.
Vantaxes da tecnoloxía blockchain para empresas
- Seguridade. Os datos están encriptados e descentralizados, xa que se almacenan en moitos dispositivos diferentes de maneira simultánea, e non nun único servidor.
- Sen intermediarios. As operacións automatízanse en base aos chamados contratos intelixentes. Estes contratos vanse nutrindo de datos conforme aumentan as transaccións, de tal xeito que resultan cada vez máis autónomos e melloran a súa capacidade de verificación con exactitude e seguridade.
- Privacidade e transparencia. A tecnoloxía blockchain achega un maior control sobre os datos ao prescindir de intermediarios ou sistemas intermedios. Isto xera un maior nivel de confianza e contribúe a reducir a fraude nas operacións.
- Verificación. Almacena todo o ocorrido, incluído o como o fixo e se se executou con éxito. Diso ocúpanse os "mineiros", que son os procesos encargados de procesar e verificar as operacións.
- Incorpora funcións avanzadas capaces de detectar anomalías, irregularidades ou manipulacións dos datos. Se un é modificado, alértase a toda a cadea.
- Rapidez e axilidade. Ao eliminar pasos manuais e intermediarios e coa automatización das operacións máis habituais, calquera transacción realízase de maneira máis fluída.
- Tamaño e capacidade. Falamos de bloques inmensos de información que unen as súas forzas e potencialidades e, en conxunto, multiplican as súas capacidades.
- Redución de custos. A redución e simplificación dos pasos dos procesos tradúcese nun aforro de medios e recursos.
En suma, falamos dunha tecnoloxía nova e disruptiva que comeza a abrirse camiño no ámbito empresarial e que dispón de moitas potencialidades e vantaxes.
Como sempre, en R consideramos que a tecnoloxía é a mellor aliada para resultar competitivos e eficientes, así que se queredes saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, podedes subscribirvos ao noso boletín ou contactar co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario ou do voso asesor persoal.